Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.878

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (153/1992).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que neste Xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 153/1992, por instancia de Banco Central Hispanoamericano, representado polo procurador García Piccoli contra Informática Comercial e Industrial e Luís Castedo Arias, representados polo procurador Calviño Gómez, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira. Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 3 de novembro, ás 11 horas, na Sala de Audiencia deste xulgado, polo tipo de 1.800.000 pesetas.

Segunda. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 29 de novembro, ás 11 horas, na Sala de Audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 27 de decembro, ás 11 horas na Sala de Audiencia deste xulgado sen suxeición a tipo.

Cuarta. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta. Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, a excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para ser admitidos a licitación, e calcularase esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, e deberá facilita-lo número do expediente o procedemento seguinte: 1584-17-0153/1992, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta. Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava. En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor licitador, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima. Se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexaran aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde destas.

Décimo primeira. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, nos bens poxados, e se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

1. Vehículo marca Volkswagen, modelo Polo Coupe GT, matrícula C-7153-AK. Valorado en 350.000 pesetas.

2. Vehículo marca Volkswagen, modelo Polo comercial 1.4 diesel, matrícula C-7908-AM. Valorado en 350.000 pesetas.

3. Vehículo marca Citroen, modelo AX Estilo, matrícula C-5431-AM. Valorado en 400.000 pesetas.

4. Vehículo marca Citroen, modelo Furgoneta C-15, diesel, matrícula C-6879-AL. Valorado en 300.000 pesetas.

5. Vehículo, marca Volkswagen, modelo Golf 1.8, GTI, matrícula C-1048-AG. Valorado en 400.000 pesetas.

Total valoración: 1.800.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-5166