Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4316 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Concello do Vicedo.

Finalidade: L.M.T. subterránea e C.T. para depuradorea de augas residuais, no Vicedo....

Final: C.T. estación depuradora.

Situación do transformador: estación depuradora.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, de 800 m de lonxitude, con conductores unipolares DHV 15/25 e sección 95 mm A1. Centro de transformación de 100 kVA, 20.000/398-230 V +/- 5% V, para depuradora de augas residuais no Vicedo.

Orzamento: 8.794.160 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 2 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5172