Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4328 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa). R/ Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Situación: Casas Novas, igrexia, A Revolta (Soaxe).

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona de Casas Novas, na parroquia de Soaxe, no concello de Vilalba.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-30 de 31,1 mm de sección sobre apoios de formigón vibrado ou torre metálica, segundo a RU-6704A, cunha lonxitude 1.425 metros a L.M.T. derivación á C.T. de Casas Novas e de 15 metros a L.M.T. derivación ó C.T. de Igrexa. Os centros de transformación serán de 50 kVA en Igrexa e Casas Novas, con relación 20 kV/380-220 V, instalados sobre torre metálica o remate da L.M.T. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, tensado sobre apoio de formigón ou grampados sobre fachada, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Casas Novas, A Revolta e Igrexa, na parroquia de Soaxe, no concello de Vilalba.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 13.110.739 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 16 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5668