Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 8 de agosto de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a execución de instalacións eléctricas. (Expedientes números 52721 e 52722).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polo Decreto 206/1995, do 6 de xullo, (Diario Oficial de Galicia do 17 de xullo de 1995), para expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións das liñas eléctricas, a 20 kV e centros de transformación en Porto Cubelo (expediente número 52721) e no Viso e Vilar (expediente número 52722), no concello de Carnota, das que é propietaria e beneficiaria deste procedemento expropiatorio, a entidade Electra del Jallas, S.A., con enderezo na Praza da Constitución, 17, 15270 Cee; faise saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará notificación ó efecto, que polo representante da Administración procederase o día 5 de outubro de 1995, a partir das 11.30 horas, en Porto Cobelo, ás 12 horas no Viso, e ás 12.30 horas en

Vilar, ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación dos predios afectados polas ditas instalacións.

As relacións dos predios afectados para os que se seguen estes procesos expropiatorios, foron publicadas no BOP da Coruña, de data 19 de novembro de 1995. Exclúense as fincas con mutuo acordo que fora notificado nos expedientes.

Advírtese ós interesados que no día e hora sinalados para o levantamento das actas, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa, e formular ante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os únicos efectos de subsanar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 8 de agosto de 1995.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

95-5669