Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 8 de agosto de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a execución de instalacións eléctricas. (Expediente número 52887).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polo Decreto 207/1995, do 6 de xullo, (Diario Oficial de Galicia do 17 de xullo de 1995), para expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica, a 15/20 kV e centro de transformación en Braña da Serra, no concello de Coristanco, da que é propietaria e beneficiaria deste procedemento expropiatorio, a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña; faise saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará notificación ó efecto, que polo representante da Administración procederase o día 4 de outubro de 1995, a partir das 11 horas, ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación dos predios afectados pola dita instalación.

As relacións dos predios afectados para os que se segue este proceso expropiatorio, foi publicada no BOP da Coruña, de data 10 de febreiro de 1995. Exclúense os predios con mutuo acordo que fora notificado no expediente.

Advírtese ós interesados que no día e hora sinalados para o levantamento das actas, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa, e formular ante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os únicos efectos de subsanar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 8 de agosto de 1995.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

95-5749