Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.877

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 24 de agosto de 1995 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 16 de xuño de 1995 (DOG número 123, do 28 de xuño), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co establecido no Decreto 148/1991, do 2 de maio, e no artigo único do Decreto 143/1992, do 5 de xuño, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 16 de xuño de 1995 (DOG número 123, do 28 de xuño).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo

110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Posto de traballo: director xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense.

Nome a apelidos: Pedro Antonio Soler Bordoy.

DNI: 78.192.743.

95-5601