Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia de dous acordos adoptados pola comisión paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia na súa reunión do 31-7-1995 en relación coa inclusión de determinadas categorías no anexo II e coa modificación do anexo I-B do convenio.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo Real decreto 1040/1981, Art. 2e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou a acta da reunión celebrada o 31 de xullo de 1995 pola comisión paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, así como certificacións do seu secretario co visto e prace do seu presidente, nas que se fan constar dous dos

acordos que se reflictan naquela, en relación coa inclusión de categorías no anexo II e coa modificación do anexo I-B do convenio.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición dos ditos acordos no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Na reunión do 31-7-1995 da comisión paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia adoptáronse os seguintes acordos

-segundo constan nas certificacións expedidas polo seu secretario, co visto e prace do seu presidente-:

1. Inclusión das seguintes categorías no anexo II do convenio:

2. Modifica-lo anexo I-B do convenio no sentido de incluír no primeiro parágrafo as categorías 48, 49, 50, 51 e 52 do grupo III, e incluír no seu segundo parágrafo as categorías 10 a), 10 b) e 10 c) do grupo V.

95-5927