Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.866

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 28 de xullo de 1995 pola que se resolve a convocatoria de bolsas para a realización de estudios no campo da pesca.

Por Orde do 30 de xaneiro de 1995 (DOG nº 62, do 29 de marzo) convócanse bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a pesca en Galicia.

Por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación do 23 de xuño de 1995 (DOG nº 127, do 4 de xullo), e de conformidade coa base 6.4, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas bolsas. No apartado terceiro da devandita resolución fixábase un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado o prazo e sen que houbera ningunha reclamación presentada, esta consellería e de acordo coa proposta de resolución elaborada pola comisión de selección das bolsas de especialización para a realización de estudios no campo da pesca,

DISPÓN:

Artigo 1º

Acórdase concederlles unha bolsa de especialización para a realización de estudios no campo da pesca ás persoas que a continuación se relacionan. Os beneficiarios aparecen ordenados por orde decrecente segundo a puntuación acadada:

ApelidosNomeDNIPuntos

Núñez BarrosMª Rosa32.657.012-W9
Ferré ÁlvarezMª del Carmen34.259.859-W8

Artigo 2º

Os bolseiros deberán formaliza-la súa adscrición nun prazo de dez días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de non facelo perderán as bolsas, quedando neste caso desertas.

Artigo 3º

A inoservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 30 de xaneiro de 1995 suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 4º.

A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109.c da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1995.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

5005