Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.866

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que se citan. (Expediente número 52404, e tres máis).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Expte. 52404. Liña aérea de media tensión, a 20 kV, en apoios metálicos e formigón, conductor LA-56, de 611 m de lonxitude, con orixe na liña ó C.T. Pazos de Galegos (Expte. 34137) e remate no C.T. de Outeiro. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA, en Outeiro. RR.BB.TT. en apoios de formigón e conductor R.Z., de 838 e 960 m, respectivamente, os lugares de Outeiro e Pazo (Frades).

Expte. 52405. Liñas aéreas de media tensión, a 20 kV, en apoios metálicos e de formigón, conductor LA-56 a: derivada de 1.265 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 23 da liña Padrón-Bexo (Expte. 51879) e remate en Manselle. Derivada de 360 m, con orixe no apoio nº 4 da liña a Manselle e remate en Castro. Derivada de 89 m, con orixe no apoio nº 22 da liña Padrón-Bexo e remate en Tarrío. 3 CC.TT. aéreos de 50 kVA/u en Manselle, Laiño-Tarrío e Castro. RR.BB.TT. en apoios de formigón e conductor R.Z. de 650 m en Manselle, 1.300 m en Laiño e 1.750 m en Tarrío. Concello de Dodro.

Expte. 52408. Liñas aéreas de media tensión a 20 kV, en apoios de formigón e conductor LA-30 a: derivada de 20 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 52 da liña Boimorto-Cazallas (Expte 50826) e remate en Paredes. Derivada de 250 m con orixe no apoio nº 36 da liña Boimil-Cazallas e remate en Piñeiro. Centros de transformación aéreos de 50 kVA/u en Paredes e Piñeiro. RR.BB.TT. en apoios de formigón e conductor R.Z. de 2.248 m en Paredes, de 1.475 m en Piñeiro e 1.906 m en Corneda. Concello de Boimorto.

Expte 52410. Liñas aéreas de media tensión, a 20 kV, en apoios metálicos e de formigón, conductor LA-56 a: derivada de 424 m de lonxitude, con orixe na liña Bembibre-Páremos (Expte. 51932) e remate en Corredoira. Derivada de 20 m en San Salvador-Bembibre. Centro de transformación aéreo de 50 kVA en San Salvador. RR.BB.TT. en apoios de formigón en conductor R.Z. de 1.310 m de lonxitude desde o C.T. de Corredoira, de 2.720 m do Campo

da Feira e de 910 m do de San Salvador. Concello de Val do Dubra.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública, e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 28 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5882