Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 07 de setembro de 1995 Páx. 6.855

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (2822/1989).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen actuacións de xuízo de faltas co número 2822/1989, por lesións en accidente de tráfico, nos que con data 26-4-1995 foi dictada pola Audiencia Provincial da Coruña sentencia en grao de apelación cun encabezamento e resolución que son do teor literal seguinte:

«Carlos López Keller, como maxistrado unipersoal da sección quinta da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou o seguinte auto na Coruña o vinteseis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Feitos:

Primeiro.-Que nos autos de xuízo de faltas seguidos perante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, co número 2822/1989, se dictou sentencia con data 30 de xaneiro de 1992, contra a cal, notificada ás partes, foi interposto recurso de apelación pola entidade Segurauto, que foi admitido en ámbolos efectos, e remitidas as actuacións a esta audiencia, logo dos oportunos emprazamentos efectuados ás partes para a súa comparecencia ante ela no prazo de cinco días, foron repartidas

a esta sección quinta, incoándose o rolo número 47/1995.

Segundo.-Que, segundo participa a oficina de rexistro e reparto, dentro do termo dos emprazamentos, non compareceu nin presentou escrito de constiuírse en parte a entidade apelante Segurauto, nin tampouco o Consorcio de Compensación de Seguros.

Parte dispositiva.

Declárase deserto o recurso de apelación interposto pola entidade Segurauto contra a sentencia dictada polo xuízo de faltas a que se fai mención no feito primeiro da presente resolución e, en consecuencia, firme a expresada sentencia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes constituídas en parte e de verificalo remítanselle as dilixencias orixinais co testemuño da presente ó xulgado instructor.

Así o acorda, manda e asina Carlos López Keller. Asinado».

E para que lles sirva de notificación da sentencia recaída en grao de apelación a Miguel Hernández Jiménez e Armando Gómez Castro, que se atopan en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-5717