Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 07 de setembro de 1995 Páx. 6.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Recargo, reparación de fochas e tratamentos asfálticos AC-443 Negreira-Brandomil. P.K. 32,4/52,3 en treitos aillados.

Adxudicatario: Construcciones Antonio Fernández Gerpe, S.A.

Orzamento: 38.997.928.

-Mellora da capa de rodadura na PO-300 Nogueira-Cambados.

Adxudicatario: Construcciones Crespo, S.A.

Orzamento: 66.699.576.

-Proxecto de intersección na C-543 de Santiago de Compostela a Noia coa CP 7802 de Roxos a Reborido.

Adxudicatario: Francisco Gómez y Cía, S.L.

Orzamento: 10.221.000.

-Enlace das estradas OU-402 coa N-525 Ervedelo o Couto (Ourense).

Adxudicatario: COMYLSA

Orzamento: 49.345.351.

-Asistencia técnica para o mantemento e tratamento informático das estacións de aforo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na provincia de Pontevedra.

Adxudicatario: Tranor, S.L.

Orzamento: 12.950.000.

-Reforzo xeral do porto de Barizo.

Adxudicatario: Construcciones López Cao

Orzamento: 54.536.943.

-Pavimentación do novo acceso o porto de Foz.

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 19.438.499.

-Asistencia técnica redacción estudio modificación accesos a autoestrada A Coruña-Laracha para adaptación a varios sistemas de financiamento.

Adxudicatario: CIISA

Orzamento: 8.500.000.

-Alarga e mellora da C-531 Pontevedra-Vilagarcía. Treito: Barro-Vilagarcía de Arousa.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 324.210.000.

-Asistencia técnica para o proxecto de contrucción de alarga e acondicionamento da PO-235, P.K. 12,7/14,2. Treito: Nigrán.

Adxudicatario: INTERURBAN

Orzamento: 9.800.000.

-Dique de abrigo en Santa Mariña (Camariñas).

Adxudicatario: Abeconsa, S.A.

Orzamento: 33.525.750.

-Instalación de guindastres en varios portos de A Coruña-norte.

Adxudicatario: Intema, S.A.

Orzamento: 22.372.375.

-Asistencia técnica para a conservación e mantemento da autoestrada A Coruña-Carballo.

Adxudicatario: Servinor, S.A.

Orzamento: 14.900.000.

-Dragaxe e pantaláns en Pontedeume.

Adxudicatario: Cuíña, S.A.

Orzamento: 26.694.000.

-Asistencia técnica para o estudio do acceso integral ás oito grandes cidades galegas.

Adxudicatario: ICEACSA

Orzamento: 5.745.000.

-Pantaláns aboiantes na bacía exterior do porto de Foz.

Adxudicatario: Luimar, S.A.

Orzamento: 19.907.000.

-Asistencia técnica expropiacións da obra de alarga e mellora da autoestrada A Coruña-Carballo. Treito: Laracha-Carballo.

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 6.550.000.

-Dragado no porto de Burela.

Adxudicatario: Arenas del Miño, S.A.

Orzamento: 13.200.000.

-Asistencia técnica redacción do proxecto da obra de acondicionamento da estrada AC-441. Berdoias-Brandomil. Treito: Baíñas-Brandomil.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 9.053.950.

-Desmonte e creación de explanada no porto de Celeiro.

Adxudicatario: Construcciones Mon, S.L.

Orzamento: 17.795.811.

-Asistencia técnica ás expropiacións da obra de alarga e mellora da estrada AC-440. Treito: Berdoias-Muxía.

Adxudicatario: Comercial Palmeiro, S.L.

Orzamento: 6.500.000.

-Variante de enlace C-546 a C-533 P.K. 56,300 (C-546)/118,460 (C-533). Monforte de Lemos.

Adxudicatario: OVISA

Orzamento: 193.500.000.

-Asistencia técnica estudio informativo, cartografía e impacto ambiental da variante de Noia. Treito: variante de Noia.

Adxudicatario: IDASA

Orzamento: 11.610.272.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo

ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai publico para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 1995.

P.D. (13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5694