Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 07 de setembro de 1995 Páx. 6.855

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (173/1994).

Maria del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita expediente de declaración de herdeiros ab intestato co número 173/1994, promovido por José Joaquín Paris Figueiras, sendo o causante o seu tío, José Paris Fiuza, nacido o 14-10-1922, solteiro, natural de Muros, fillo de Bernardino e Estrella, falecido no Hospital Xeral de Galicia, en Santiago de Compostela, o día 3-8-1994, sen testar, no que se solicita a declaración de herdeiros ab intestato, por partes iguais, ós sobriños do causante, José Joaquín e Bernardino Paris Figueiras, e chamarase ós que se crean con igual dereito á herdanza, para que comparezan perante este xulgado a reclamalo dentro do termo de seis meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto.

E para a súa inserción no DOG, no BOE e no xornal La Voz de Galicia, expido, selo e asino o presente edicto en Muros o nove de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

9504890