Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 07 de setembro de 1995 Páx. 6.849

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial do sector de trasporte de viaxeiros en autobús por estrada.

Visto o expediente do convenio colectivo de transporte de viaxeiros en autobús por estrada que tivo entrada nesta delegación provincial do día 22.6.1995, subscrito en representación da parte económica por Transviac., Asoc. Em. Trans. Asoc. Em. Disc. Viaxeiros e, da parte social por CIG, CC.OO. e UXT, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982 do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordea-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de xuño de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de transportes de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña. Ano 1995.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio será de aplicación para tódalas empresas e traballadores do transporte de viaxeiros en autobuses por estrada da provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia e denuncia.

Terá unha duración desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro do dito ano. Se ningunha das partes o denunciase coa antelación mínima de un mes á data da súa expiración, prorrogarase tacitamente por un ano. A dita prórroga do convenio levará consigo o incremento de tódolos conceptos económicos pactados equivalente ó IPC dos doce meses anteriores máis un punto.

Unha vez producida a denuncia, manterá vixencia o seu contido normativo, integramente, ata a sinatura dun novo convenio. Non obstante, para favorece-lo interés negociador das partes, esta ultravixencia unicamente se producirá durante a anualidade completa seguinte á vixencia normal do convenio.

Artigo 3º.- Respecto de dereitos.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas, en canto determinen maiores dereitos cós concedidos por este convenio.

Tódolos conceptos salariais teñen carácter normativo e condición mínima indispensable, polo que tal garantía non pode ser afectada por pacto ou renuncia de calquera tipo, cos demais efectos e durante os períodos establecidos no artigo 2º.

Artigo 4º.-Táboas salariais.

A partir do 1 de xaneiro de 1995 establécense como mínimas as retribucións que figuran no anexo I denominado táboas salariais.

Artigo 5º.-Revisión salarial.

No caso de que o IPC ( Indice de Prezos ó Consumo) establecdio polo INE, rexístrase ó 31 de decembro de 1995, un incremento superior ó 4,5%, respecto ó vixente en 31 de decembro de 1994, efectuarase automaticamente unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente esta circunstancia na contía exacta do exceso porcentual sobre o citado 4,5%.

Tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro de 1995, e para levalo a cabo, tomaranse, como referencias, os salarios ou táboas utilizadas para realiza-los aumentos pactados para 1995. Exceptúase da posible revisión o artigo 9º.

As cantidades resultantes aboaranse na nómina do mes seguinte de constatación oficial do índice motivador da revisión.

Así mesmo, as diferencias salariais correspondentes á aplicación deste convenio desde o mes de xaneiro de 1995 aboaranse en dous pagamentos, nas nóminas dos dous meses seguintes á súa publicación no BOP.

Artigo 6º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio devengará as antigüidades de acordo coa seguinte táboa: ós dous anos o 5%, ós catro anos o 10%, ós 9 anos o 20%, ós 14 anos o 30%, ós 19 anos o 40%, ós 24 anos o 50% e ós 29 anos o 60%.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

Establécense tres gratificacións extraordinarias, que se denominarán de verán, de Nadal e beneficios, as cales se percibirán nos meses de xullo, decembro e marzo, na contía de 30 días de salario base e antigüidade das táboas salariais adxuntas.

Artigo 8º.-Plus convenio.

As empresas aboarán un plus de cincuenta mil trescentas sesenta e catro pesetas (50.364) anuais, repartidas en 12 mensualidades de catro mil cento noventa e sete pesetas (4.197).

Artigo 9º.-Plus consolidado.

Os traballadores que á sinatura do presente convenio estean percibindo o plus de acumulación de descansos e reducción do de entre xornadas, establecido no artigo 12 do convenio colectivo de 1984, seguirán percibindo, a título individual, a contía de 153 pesetas (cento cincuenta e tres pesetas) por cada día de traballo.

O incremento salarial que se acorde para este concepto pasará a integrarse no plus convenio.

As empresas que no futuro fagan uso da facultade establecida no artigo 8.1º do R.D. 2001/1983 aboaranlles o dito plus a título individual, ós traballadores afectados, e durante o tempo que dure a dita situación.

Artigo 10º.-Plus de conductor-perceptor.

O conductor-perceptor, cando realice simultaneamente ambas funcións percibirá, ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complemento salarial de posto de traballo, igual ó vinte por cento do seu salario base, por cada día que realice ambas funcións.

Artigo 11º.-Quebranto de moeda.

A gratificación especial por quebranto de moeda queda establecda en 2.870 pesetas (dúas mil oitocentas setenta pesetas), e a contía estipulada percibirase mensualmente, rateada por cada día de asistencia ó traballo.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

As axudas de custo que corresponden ós traballadores nos seus desprazamentos, ó servicio das empresas serán de 3.483 ptas (tres mil catrocentas oitenta e tres pesetas), sen distinción de categorías. A chamada media axuda de custo, ou axuda de custo para comidas, fíxase en 1.163 ptas (mil cento sesenta e tres pesetas) e corresponde á pernoctación 1.163 pesetas (mil cento sesenta e tres pesetas).

Fóra de Galicia será de 4.399 (catro mil trescentas noventa e nove pesetas), axuda de custo completa, e 1.466 (mil catrocentas sesenta e seis pesetas) a media axuda de custo.

No caso de destacamento aplicarase a reducción que sinala a ordenanza laboral de transporte.

Dará dereito á percepción de axuda de custo completa a realización dun servicio que obrigue o traballador a xantar, cear e pernoctar fóra da súa residencia habitual.

A parte da axuda de custo correspondente á cea percibirase cando o servicio realizado obrigue a efectuala fóra da súa residencia habitual ou, en todo caso, cando o productor saia antes das 20 horas e retorne despois das 22 horas.

A parte de axuda de custos correspondente á pernoctación percibirase cando o servicio realizado obrigue a pernoctar e almorzar fóra da residencia habitual e, en todo caso, cando por tal motivo o regreso se efectúe despois das cero horas.

A parte de axuda de custos correspondente ó xantar percibirase cando o servicio realizado obrigue a efectualo fóra da residencia habitual e, en todo caso, cando o productor salla antes das 12 horas e retorne despois das 14 horas.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

Serán aboadas cun incremento que en ningún caso será inferior ó 50% sobre o importe da hora ordinaria.

Dadas as condicións especiais características do sector, denominaranse horas extraordinarias estruc

turais aquelas horas extraordinarias a que se fai referencia no artigo 1 da O.M. do 1.3.1985, para os efectos do artigo 7 do Real decreto 46/1984, do 4 de xaneiro.

A opción de compensa-las horas extraordinarias traballadas por tempo de descanso, realizarase por mutuo acordo de empresa e traballador.

Artigo 14º.-Denominación do traballo.

A.-Traballo efectivo. Considerarase traballo efectivo o tempo que media desde que os traballadores se fan cargo do cometido que deben efectuar no seu centro de traballo, ata que cesen neste.

Ó final do presente convenio será traballo efectivo para o persoal de movemento:

1º.-A condución durante a circulación do vehículo.

2º.-Os traballos auxiliares que se efectúen en relación co vehículo, os seus pasaxeiros ou a súa carga.

B.-Tempo de presencia: será tempo de presencia aquel período de xornada no que o traballador, aínda que non preste traballo efectivo, se ache a disposición da empresa, tanto nos locais, como no vehículo.

Terán a consideración de tempo de presencia, en relación co disposto no artigo 9 do R.D. 2001/1983, do 28 de xullo, as gardas, reténs, expectativas, avarías, comidas en ruta e outras similares nas que o traballador, aínda que non preste traballo efectivo, se atope a disposición da empresa.

O tempo de presencia non excederá de quince horas semanais.

As horas de presencia non se computarán para efectos de horas extraordinarias, sen prexuízo de que a súa remuneración sexa de igual contía cás horas ordinarias.

Poderán, non obstante, computarse para efectos de xornada, cando se realicen menos horas de traballo efectivo cás legalmente autorizadas; neste caso, poderán ser computadas para efectos de completa-la xornada.

C.-Tempo de espera e axuda de custo de espera.- Terá a consideración de tempo de espera aquel en que o traballador non estea suxeito á vixilancia do vehículo, nas localidades que non sexan principio e fin do traxecto.

A primeira hora de cada xornada computarase polo total e o resto ó cincuenta por cento, e aboarase como tempo de presencia.

Considerarase que o traballador non está suxeito á vixilancia do vehículo, cando poida dispoñer libremente do seu tempo por non atoparse a disposición da empresa.

As esperas en localidades de principio e fin de traxecto, fóra da residencia do traballador ou do lugar da súa toma habitual de servicio, non computarán para efectos de xornada, nin como traballo efectivo, nin como tempo de presencia. Polo dito tempo, exceptuando o do xantar, cea e pernocta, aboarase unha axuda de custo de espera de 215 pesetas (duascentas quince pesetas ) hora.

Artigo 15º.-Xornada e descanso.

a) A xornada anual será de 1.826,27 ( mil oitocentas vinteseis horas e vintesete minutos), en cómputo anual; o cómputo semanal será de 40 horas e terán a consideración de extraordianrias aquelas horas de traballo efectivo que sobrepasen as nove horas diarias.

b) As empresas estarán obrigadas a organiza-los seus servicios de forma tal que o persoal descanse de acordo coa lexislación vixente.

c) O tempo total de conducción non poderá exceder de nove horas diarias.

d) A xornada diaria máxima será de once horas cando comprenda situacións de traballo efectivo, máis tempo de presencia, exceptuando os percorridos de longa distancia, cando o servicio requira a estancia no vehículo de máis de un conductor.

e) Nos transportes interurbanos ningún traballador poderá conducir de forma ininterrompida máis de catro horas sen facer unha pausa, agás que a conducción de media hora máis permita a chegada ó punto de destino.

A duración mínima da pausa será de trinta minutos, e será susceptible de fraccionamento, ó longo do tempo de conducción.

En tódalas situacións que superen os topes máximos de xornada, como de presencia, comunicarase tal circunstancia ó comité de empresa ou delegados de persoal.

Artigo 16º.-Vacacións.

Regúlanse de conformidade co establecido no artigo 38 do Estatuto dos traballadores, publicado no BOE do 29.3.1995.

O período total de desfrute das vacacións será de trinta días naturais e non poderán experimentar un fraccionamento superior a dous períodos.

Artigo 17º.-Xubilación.

Á idade de xubilación legal (hoxe ós 65 anos), sempre que conte cunha antigüidade mínima de dez anos de servicio á empresa, o traballador percibirá desta unha gratificación equivalente a 5.011 pesetas (cinco mil once pesetas) por ano de servicio en concepto de xubilación.

En caso de xubilación voluntaria anticipada percibirá unha gratificación segundo a contía seguinte: un ano antes, 227.930 pesetas; dous anos antes, 459.760 pesetas; tres anos antes, 689.663 pesetas; catro anos antes, 926.267 pesetas e cinco anos antes, 1.149.633 pesetas.

As empresas acolleranse ó disposto no R.D. 1194/1985, do 17 de xullo, sobre xubilación especial anticipada ós 64 anos, contratando un novo traballador en lugar do que se acolla a este dereito e nas mesmas condicións que determina o citado real decreto, coa finalidade de colaborar no fomento do emprego.

A xubilación será forzosa para o persoal de movemento ó cumpri-lo traballador os 65 anos, sempre que reúna os requisitos esixidos pola Seguridade Social sobre períodos de carencia, en atención ás melloras e condicións pactadas neste convenio.

Para o resto do persoal, o carácter forzoso da xubilaicón darase sempre e cando non exista pacto en contrario entre o traballador e a empresa.

Artigo 18º.-Permiso de condución.

Se por sentencia firme, calquera conductor se vise privado do permiso de conducción, a empresa deberá facilitarlle outra ocupación, aínda que sexa de categoría profesional inferior, polo período de suspensión do permiso, sempre que non exceda de un ano, sen perda dos emolumentos que viña percibindo, e que non sexa debida a embriaguez.

No caso de que o período de suspensión do permiso de conducir sexa superior ós doce meses, e sempre que a retirada non sexa debida a embriaguez, o traballador con máis de dous anos de antigüidade terá dereito, por unha soa vez, a unha excedencia non remunerada, por todo o tempo que dure a suspensión, se é o caso, ata que legalmente poida incorporarse ó posto de traballo que estaba desempeñando habitualmente, e desde o momento en que esta se produza, e será o límite máximo da dita excedencia o que marque a lexislación para a contratación temporal.

Así mesmo, aplicaranse as garantías que se indican anteriormente, no caso de conducción in itinere, cun máximo de unha hora antes e outra despois da hora de entrada ou saída ó traballo, incluso conducindo o seu vehículo propio.

Artigo 19º.-Póliza de seguros.

Estáblecese unha póliza de seguros de morte ou invalidez derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, para cada un dos traballadores ós que afecta o presente convenio, que consiste na contía de 1.472.383 pesetas (un millón catrocentas setenta e dúas mil trescentas oitenta e tres pesetas) en caso de morte por accidente e de 2.946.011 pesetas (dous millóns novecentas corenta e seis mil once pesetas) en caso de invalidez permanente para exerce-la súa ocupación habitual.

Estas contías producirán efecto a partir do 1 de setembro de 1995.

Artigo 20º.-Defunción.

As empresas aboarán dúas mensualidades dos salarios que figuran na táboa do convenio, máis a antigüidade correspondente ó familiar do traballador que con el conviva e por esta orde:

1) Cónxuxe viúvo.

2) Fillos.

3) Ascendentes, cando aquel faleza estando en activo e leve, como mínimo, tres anos de servicio na empresa.

Independentemente das dúas mensualidades a que ten dereito segundo o sinalado anteriormente, aboaráselle ó dito familiar do traballador o salario do mes no que o productor faleza, calquera que sexa a data do seu óbito.

Artigo 21º.-Pases para xubilados.

Os xubilados, viúvas e fillos orfos menores de 18 anos dos traballadores falecidos en activo, das empresas de liñas regulares, terán dereito a viaxar nas liñas das súas respec

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria como órgano de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do pactado no convenio composta por catro membros en representación dos traballadores e o mesmo número de representantes das empresas, todos eles vocais escollidos por cada parte.

Tamén formarán parte desta, con voz pero sen voto, os asesores correspondentes a ambas partes.

No caso de imposibilidade de asistencia a algún dos membros designados, serán substituídos polos suplentes.

A comisión reunirase cando sexa necesario e por petición de calquera das partes. Os compoñentes da comisión paritaria serán convocados cunha antelación mínima de 3 días.

Para efectos da comisión paritaria as horas sindicais consideraranse co mesmo rango cás utilizadas para a negociación colectiva.

Os acordos da comisión requirirán para a súa validez a conformidade da maioría simple dos vocais de cada unha das representacións. No caso de non haber acordo levantarase acta que reflicta as diferentes posturas, e remitirase copia desta á autoridade laboral competente, para que emita a correspondente resolución.

As funcións da comisión paritaria serán as seguintes:

a) Interpretación da aplicación de tódalas cláusulas do convenio.

b) Arbitraxe de tódalas cuestións que as partes sometan á súa consideración e que se deriven da aplicación do convenio.

c) Vixilancia do cumprimento do pactado no convenio.

d) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto.

Para tódolos efectos, fíxase o domicilio da comisión na rúa Federico Tapia, 30, baixo, C.P. 15005, A Coruña.

Artigo 23º.-Garantías sindicais.

A.-Seccións sindicais de empresa.

Recoñécense as seccións sindicais de empresa cando o número de afiliados a cada central respectiva acade o 20% do total do cadro de persoal, e poderán en tal caso facer uso do taboleiro de anuncios para difundi-la información, exclusivamente co persoal das empresas e fóra das horas de traballo. Para todo iso, deberá comunicarllo cunha antelación mínima de 48 horas á dirección da empresa e ó comité de empresa.

Isto sen prexuízo das facultades que ás seccións sindicais lles poidan outorga-las disposicións legais.

B.-Os membros do comité de empresa e delegados de persoal en cada centro de traballo disporán dun crédito de 15 horas mensuais como mínimo dentro da xornada para o exercicio das súas funcións de representación, sempre que o soliciten con 48 horas de anticipación.

A empresa poderán esixir xustificante da utilización concedida ben do comité ou da central convocante.

Estes dereitos serán aplicados en caso de que por disposición legal así se determine.

As empresas que revistan a forma de sociedades darán conta anualmente ó comité de empresa ou delegados de persoal do balance e conta de resultados.

O recoñecemento dos ditos documentos será para tódolos efectos de carácter reservado.

A dirección da empresa dará conta ó comité ou delegados de persoal de tódalas sancións ou despedimentos.

A empresa, por petición dos traballadores afiliados ás centrais sindicais que conten, polo menos, cun 10% de afiliados nesta, descontarán a cota sindical correspondente do recibo dos salarios, depositándoa na conta bancaria sinalada para o efecto.

C.-Excedencias: amplíase o dereito a solicitar excedencia voluntaria que regula a ordenanza laboral, calquera que sexa o tempo que leve o traballador na empresa, cando se base no exercicio do seu cargo sindical.

D.-Comité de seguridade e hixiene.

As empresas de máis de 50 traballadores, éstes denerán elixir un comité de seguridade e hixiene, sendo o comité de empresa ou os delegados de persoal, os que haberán de ocuparse da súa tramitación.

As empresas poderán pactar cos seus comités de empresa ou delegados de persoal a acumulación de horas sindicais.

O crédito horario retribuído de que gozan os delegados de persoal e membros do comité de empresa dunha mesma empresa poderá acumularse nun ou varios deles, sempre que pertenzan a unha mesma central sindical, aínda que iso permita liberar da súa actividade laboral, total ou parcialmente a calquera deles.

O acordo de acumulación será pactado, en cada caso, a nivel de empresa entre o representante do sindicato e o da empresa e a designación da persoa ou persoas ás que se lle aplicará a acumulación de horas derivadas do crédito horario será facultade exclusiva do sindicato de que se trate, o cal comunicará a súa decisión ó respecto á empresa.

Artigo 24º-Permiso retribuído.

Os permisos retribuídos regúlanse polo disposto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Os traballadores desfrutarán de un día de permiso retribuído que se poderá acumular unha vez ó ano ós premios legalmente establecidos no artigo 37, parágrafo 3º a), b) e c) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 25º-Incapacidade laboral transitoria.

Cando o traballador estivese afectado por incapacidade laboral transitoria, as empresas complementarán as prestacións económicas que teñan dereito a percibir da Seguridade Social nos seguintes supostos:

1º. Cando a ILT derive de accidente de traballo, a empresa aboará un 10% da base de cotización diaria para esta continxencia, desde o primeiro día e ata un máximo de setenta días.

2º. Cando a ILT derive de enfermidade común, a empresa aboará un 10% da base diaria de cotización a partir do cuarto día e ata un máximo de setenta días.

3º. Cando sexa precisa a hospitalización do traballador, tanto se se debe a enfermidade ou accidente, a empresa aboará un 15% da base diaria de cotización, desde o momento en que esta se produza e mentras a hospitalización dure, cun máximo de noventa días.

Tales complementos unicamente se percibirán nun proceso de ILT durante toda a vixencia do convenio.

As empresas, de acordo co establecido no artigo 20 do Estatuto dos traballadores, poderán verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador mediante o oportuno recoñecemento médico.

Artigo 26º.-Indivisibilidade do convenio.

O convenio considerarase un todo indivisible, de maneira que, se non fose aprobado na súa integridade, quedará anulado, e deberán as partes megociar outro novo.

Artigo 27º.-Normas supletorias.

En todo aquilo que non figure regulado polo presente convenio aplicarase o Estatuto dos traballadores, o R.D. 2001/1983, do 28 de xullo, ou norma que o substitúa, o convenio da OIT, número 153 e o Regulamento da CEE, número 3820/1985 como norma supletoria, a vixente ordenanza laboral de transporte de viaxeiros por estrada e demais lexislación vixente.

Ambas partes resérvanse o dereito de acudir á xurisdicción laboral no caso de que consideren que algún precepto do convenio vulnere ou contradiga normas de dereito necesario.

Artigo 28º.-Modalidades de contratación.

Complementando a normativa vixente na materia establécense as seguintes modificacións desta:

A) Contrato de aprendizaxe.

Poderán efectuarse contratos de aprendizaxe para tódalas categorías profesionais en que legalmente sexa posible, excepto para mozos de garaxe e taller.

Poderanse celebrar estes contratos con traballadores maiores de dezaseis anos e menores de vintetrés.

O salario de contratación será igual ó 85%, 90% e 100% do salario base da súa categoría profesional durante, respectivamente, o primeiro, segundo e terceiro ano de vixencia do contrato.

B) Contrato en prácticas.

A retribución dos traballadores cun contrato en prácticas será do 85% ou do 95% do salario base da súa categoría porfesional durante, respectivamente, o primerio ou segundo ano de vixencia do contrato.

C) Contratos de duración determinada.

Os contratos de duración determinada regulados no artigo 15 b) Estatuto dos traballadores por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos poderán ter unha duración máxima de 10 meses dentro dun período de doce meses.

Artigo 29º.-Mobilidade xeográfica.

a) Desprazamento. As empresas poderán despraza-lo seu persoal a outros centros de traballo distintos

a aquel en que presten os seus servicios fundamentando o dito desprazamento en razóns técnicas, organizativas, de producción ou de contratación.

b) Traslado. Enténdese por traslado o desprazamento a outro centro de traballo que implique un cambio de domicilio. Enténdese que un desprazamento implica cambio de domicilio cando o centro do novo destino diste máis de 40 km do centro actual ou do seu domicilio actual.

Para os supostos de traslados de persoal polos motivos contemplados na lei, estáblecense os seguintes mecanismos:

-Negociación preceptiva coa representación legal dos traballadores.

-Intervención dos mecanismos do AGA.

-Preaviso de 45 días.

-Prazo de incorporación ó novo centro de traballo de 30 días.

-Os traslados non terán unha duración inferior a 12 meses nun período de 3 anos.

-Se por traslado un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se fose traballador na mesma empresa, terá dereito ó traslado á mesma localidade.

Nos casos de traslado o traballador terá dereito ó devengo dos seguintes conceptos compensatorios:

-Billete para o traballador e os familiares que vivan ás súas expensas.

-Transporte de mobiliario, roupa e pertenzass do seu fogar.

-Indemnización consistente en dúas veces o salario base nensual da súa categoría profesional, nun único pagamento.

-Compensación durante doce meses da diferencia de custo de vivenda en alugueiro (vivenda das mesmas características).

-Notificada a decisión de traslado, o traballador poderá optar pola extinción do seu contrato percibindo unha indemnización de 25 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano, e cun máximo de 12 mensualidades.

Artigo 30º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que prentendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo estáblecense os seguintes mecanismos:

1º.-Negociación coa representación legal dos traballadores e na comisión paritaria do convenio.

2º.-Mecanismos do AGA.

Para tódolos mecanismos citados anteriormente achegarase a seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos tres últimos exercicios nos que se demostre que durante estes se producen perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período para o que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención

e a xustificación económica e a súa reprercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

-Os representantes legais dos traballadores, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos a que tiveran acceso, como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo iso, sixilo profesional.

Cláusula de acollida ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CC.OO. e UGT, as partes asinantes deste convenio, durante a vixencia del, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas. Igualmente acordan asumir, respecto dos conflictos individuais, o AGA II, a partir do momento da súa sinatura.

Disposición adicional primeira.

Cando se realicen cursos de formación profesional continua e voluntariamente os realicen os traballadores, logo da autorización da empresa, o tempo empregado na duración destes será repartido o 50% en horas de traballo e o outro 50% en horas de descanso do traballador.

Disposición adicional segunda.

As partes comproméntense a constituír unha comisión técnica de carácter paritario, que iniciará o seu funcionamento o primeiro martes despois do primeiro domingo de outubro de 1995, co obxecto de estudia-los seguintes temas:

-Denominación do traballo.

-Antigüidade.

-Pluses (consolidado, conductor-perceptor, etc).

A citada comisión técnica poderá acudir ós mecanismos previstos no AGA se o considerase proveitoso para cumpri-lo fin para a que se crea.

9504969