Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.830

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (144/1993).

Ramón Lojo Aller, maxistrado-xuíz con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

catro desta cidade e do seu partido, pronunciou, en de El Rei a sentencia número 96.

En Santiago de Compostela, o dezanove de outubro de mil novecentos noventa e tres,

Vistos os presentes autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 144/1993, por lesións en accidente de tráfico, entre partes, denunciante-ado: Luis Miguel Rodríguez Marques-Basanta, maior de idade, natural de Lugo, fillo de Luis e María Concepción, con domicilio na urbanización Os Tilos, nº 9, C-1º, D, Montouto de Teo; Luis Raíces Otero, maior de idade, fillo de Manuel e de Flora, con domicilio na urbanización Os Tilos, nº 9-1º, D, Teo; Seguros Mapfre, con domicilio social en Fernando Macías, nº 13-33, 15004 A Coruña; Seguros U.M.E.S. con domicilio social en avenida Alcalde García Conde, 5 e 7, 33001 Oviedo; e no que foi parte o Ministerio Fiscal.

Antecedentes de feito

Primeiro.-O Ministerio Fiscal no acto do xuízo non formulou acusación.

Segundo.-Que os feitos que foron denunciados no seu día na denuncia orixinaria que dera lugar a estas actuacións non resultaron probados.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Segundo o vixente modo de axuizar, unha vez retirada a acusación polo Ministerio Fiscal e non habendo persoa nin entidade ningunha que a sosteña, procede a absolución polo ministerio da lei.

Segundo: En consecuencia e por aplicación a contrario sensu do disposto no artigo 109 do Código Penal, as custas procesuais deben ser declaradas de oficio.

Vistos o artigo citado e demais de xeral e pertinente aplicación ó caso

Decido que debo absolver e absolvo libremente do feito de orixe destas actuacións a Luis Raíces Otero, con declaración de custas de oficio.

Esta sentencia é apelable ante a Audiencia Provincial no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación e deberá formalizarse o recurso por escrito neste xulgado conforme os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Rubricado

95-4937