Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.831

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (141/1994).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber que, en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 141/1994, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Banco Gallego S.A. e demandado Manuel Roel Otero e Felisa López Rey, sendo a contía do asunto a de 1.131.682 ptas. de principal, máis 500.000 ptas calculadas para xuros, gastos e custas, cítase de remate ó demandado Manuel Roel Otero e Felisa López Rey para que, no prazo de nove días hábiles a partir da publicación, poida opoñerse á execución e compareza nos autos por medio de procurador, apercibido de que, de non efectualo, será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso, sen volver a citalo nin facerlle outras notificacións que as que determine a lei. E notifícolle o embargo dos seguintes bens:

-Vehículo marca Seat-Fiat, modelo Panda 35, matrícula C-3821-V.

-Saldos acredores que presenten as contas das que son titulares os demandados no Banco Gallego S.A., nas sucursais de Portomouro e Ames-Milladoiro.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Manuel Roel Otero e Felisa López Rey, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1995.

O secretario

Rubricado

95-5684