Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda, pola que se fan públicas as adxudicación definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Reforzo do firme con macadam bituminoso con ligantes fluídos na LU-653 A Pobra do Brollón-hospital, p.k. 0,690/15,900 ramal C-535 Láncara (Lugo).

Adxudicatario: José Yáñez García.

Orzamento: 30.902.500 ptas.

Reforzo do firme con mestura bituminosa en quente na C-642 de Xubia a San Cibrao, p.k. 75,750/89,00.

Adxudicatario: Ploder, S.A. e Sánchez Lago, S.L. (UTE).

Orzamento: 119.673.213 ptas.

Mellora da capa de rodadura na C-550 Ponte das Estacas-Vilalonga.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 37.122.000 ptas.

Mellora da capa de rodadura na PO-214 Pontecesures-Baloira.

Adxudicatario: Ovisa.

Orzamento: 52.700.000 ptas.

Elementos para izado de embarcacións en Meira.

Adxudicatario: Industrias Navales A Xunqueira, S.L.

Orzamento: 5.975.000 ptas.

Reperfilado con mestura asfáltica LC-113 ramal de C-642 a Valdoviño p.k. 0,400/6,200. Treito: Freixeiro-A Carreira.

Adxudicatario: Ecinsa.

Orzamento: 39.923.356 ptas.

Recargo, reparación de fochas e tratamento asfáltico na AC-240 de Burres a Ponteulla. P.k. 28,000/48,000 en treitos illados. Treito: Touro-Ponteulla.

Adxudicatario: Construcciones Chofricas, S.L.

Orzamento: 38.339.671 ptas.

Enlace corredor central C-553 e pasos inferiores para camiños agrícolas.

Adxudicatario: Peninsular de Contratas, S.A.

Orzamento: 91.016.229 ptas.

Reparación urxente do peirao do porto de Cee.

Adxudicatario: Segundo Rodríguez, S.L.

Orzamento: 19.856.000 ptas.

Ampliación do porto de Cangas.

Adxudicatario: Fomento de Construcciones y Contratas S.A. e FCC Construcción, S.A. (UTE).

Orzamento: 335.106.520 ptas.

Renovación de portalóns e ventá na lonxa da Guarda.

Adxudicatario: Construcciones Josybem, S.L.

Orzamento: 5.399.600

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.,

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 1995.

P.D. (13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-5281