Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4333 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: reelectrificación en Gondrás-Cervo.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico nos lugares de Gondrás e Cruz da Venta, no concello de Cervo.

Características principais: liñas de media tensión a 20 kV, de 1.312 e 187 metros de lonxitude, con conductor LA-56 de 55 mm de sección sobre torres metálicas tipo C segundo RU-6704-A. Dous centros de transformación de 100 kVA, 20.000/380-220 V, instalado sobre unha torre metálica o remate da liña de media tensión, nos lugares de Gondrás e Cruz da Venta. Liñas de baixa tensión, en conductores R.Z.-95-50-25, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Gondrás e Cruz da Venta, no concello de Cervo.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento:16.150.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 19 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5280