Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4331 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica

que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: reelectrificación de Gondaisque-Vilalba.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na parroquia de Gondaisque, no concello de Vilalba.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 sobre torres metálicas, segundo RU-6704-A e postes de formigón, cunhas lonxitudes de 340, 120, 40 e 858 metros. Catro centros de transformación de 50, 50, 50 e 100 kVA, 20.000/380-220 V instalados sobre torres metálicas ó remate da L.M.T. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, sobre postes de formigón ou grampados sobre fachada, para mellora do servicio eléctrico nos lugares do Xestal, O Pumariño, Portocelo, Bustelo, Currás, Fontechousa, Muíño e O Espiño, no concello de Vilalba.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento:31.958.360 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 20 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5317