Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.830

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (416/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela. Dou fe de que nos autos ós que se fará mérito se dictou a sentencia que ten como encabezado e parte dispositiva o seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela, o vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos os presentes autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 416/1993, por danos, entre partes, denunciante-ado: Ricardo Mosquera Alcalde, natural de Santiago de Compostela, maior de idade, fillo de Ricardo e María Victoria, con domicilio na r/ San Ignacio de Loyola, número 15, baixo, de Santiago de Compostela; María del Carmen Regueiro Gómez, natural de Santiago de Compostela, maior de idade, filla de Alfonso e María, con domicilio en San Ignacio de Loyola, número 15, baixo, de Santiago de Compostela; Justo Echevarría Vega, natural de Pola de Lena, maior de idade, fillo de Ignacio e Dolores, con domicilio en Villaldía- Monte de Conxo, número 7 de Santiago de Compostela; Raimundo Echevarría Vega, natural de Bilbao, maior de idade, fillo de Ignacio e Dolores, con domicilio en Villaldía- Monte de Conxo, número 7 de Santiago de Compostela; e no que foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente do feito orixe destas actuacións a Justo Echevarría Vega e Raimundo Echevarría Vega, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia pode apelarse ante a audiencia provinical no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación, e deberá formalizarse o recurso por escrito neste xulgado conforme os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Ricardo Mosquera Alcalde e María del Carmen Regueiro Gómez, en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-4897