Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.830

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (303/1994).

F. Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas baixo o número 303/1994, sobre lesións en agresión, por instancia de Sonia Sande Puga e dous máis, contra José Aceituno Ortega e dous máis, actuacións nas que se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«Sentencia: na cidade de Santiago de Compostela, o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 303/1994, sobre lesións en agresión, no que foron partes: como denunciantes, José Luis Mariño Vilaboa, maior de idade e veciño desta cidade, con domicilio na rúa Federico García Lorca número 10-3-A, María Begoña Sande Puga, maior de idade e veciña desta cidade, con domicilio na rúa de Touro, núm. 28-3-B e Sonia María Sande Puga, maior de idade e veciña desta cidade, co mesmo domicilio cá anterior, e como denunciados, José Aceituno Ortega, Mercedes Santos Villar e Guillermo Aceituno Ortega, todos maiores de idade e actualmente en paradoiro descoñecido, dos que as circunstancias persoais figuran nos autos, e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

Decido: que debo condenar e condeno a Guillermo Aceituno Ortega e Mercedes Santos Villar, como autores dunha falta do artigo 582 do Código Penal, á pena de 1 día de arresto menor e a que indemnice o primeiro a José Luis Mariño Vilaboa na cantidade de 20.900 ptas. e a segunda a Sonia María Sande Puga en igual cantidade, con imposición das custas procesuais.

E debo absolver e absolvo a José Aceituno Ortega, por non se formular acusación contra del.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación, na forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuizamento criminal».

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación a José Aceituno Ortega, Mercedes Santos Villar e Guillermo Aceituno Ortega, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o 23 de xuño de 1995.

Rubricado

95-4896