Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.829

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (174/1993).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela,

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo executivo, baixo o número 174/1993, a instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Gabriel Barreiro Pérez e Mercedes Rey López, nos que se acordou sacar a poxa pública, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 2 de novembro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 12.054.000 ptas.

Segunda.-No suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 28 de novembro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-De resultar deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 28 de decembro, ás 10.30 horas, na Sala de Audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán posturas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores - agás o acredor demandante -deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, e calcularase esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e con

signacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, e deberá facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0174/1993, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos quen desexen tomar parte na poxa, e entenderase que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, e entenderase que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse posturas en prego cerrado.

Oitava.-En caso de que debera suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración para a mesma hora do día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-De o pedir o acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros postores e sempre pola orde destas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor no prediio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

-Leira rústica, denominada Cancelas, a monte e toxeira, de 1.444 metros cuadrados, segundo recente medición, sita no lugar de Vilanova, parroquia de Hío, concello de Cangas de Morrazo.

Linda: norte, monte comunal; sur, Manuel Lemos e outro; leste, camiño ou pista a Couso; e oeste, herdeiros de Jesús Otero Menduiña ( SIC ).

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Pontevedra, tomo 1.089, libro 136 de Cangas, folio 149, leira 13.171.

Importe de valoración: 12.054.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o vinteún de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-4936