Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.828

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (242/1994).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos de Santiago e o seu partido.

Fago saber que nos autos de xuízo de menor contía seguidos co número 242/1994 se dictou con data do vinteún de marzo de mil novecentos noventa e cinco a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número uno desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado baixo o nº 242 de 1994, entre partes, dunha, como demandante, María Rosa Rey Abel, maior de idade, separada e veciña do concello de Teo, representada en autos pola procuradora Goimil Martínez, asistida da letrada Millán Acosta, e doutra, como demandado, Jesús Dopazo Rial, con domicilio descoñecido, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, sobre liquidación da sociedade legal de gananciais.

Decido que, estimando a demanda formulada pola procuradora Goimil Martínez, en nome e representación de María Rosa Rey Abel, conta Jesús Dopazo Rial, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno o demandado a efectua-la liquidación, partición e adxudicación de bens da sociedade de gananciais disolta por sentencia do 21 de xaneiro de 1989, dictada no proceso de separación 531/1987 seguido ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade, o que se levará a efecto en fase de execución de sentencia, con observancia do disposto nos artigos 1.399 e seguintes do CC e co suxeición ó disposto na sección 2 título X do libro II da LAC, comprendéndose no activo da sociedade o ben ganancial constituído pola vivenda letra B sita na terceira planta alta da casa s/n no lugar de Ledín, parroquia de San Xoán de Calo, municipio deTeo, inscrita no tomo 501, libro 155, folio 24, predio 15.685, inscrición 2 do Rexistro da Propiedade de Padrón,

e no pasivo o importe da contribución urbana correspondente ós exercicios de 1986 a 1988, e a débeda pendente coa Tesourería da Seguridade Social, constituída pola diferencia entre as 657.314 ptas., montante inicial da débeda, e as 578.743 ptas. satisfeitas pola demandante, cantidade esta última que, así mesmo, deberá ser incluída como crédito que esta ostenta contra o activo xunto coa de 351.380 ptas. aboadas polo préstamo a que se refire o 2º fundamento desta resolución, así como tamén o importe da contribución ás cargas do matrimonio imposta ó demandado pola sentencia de separación polos períodos de febreiro de 1989 no momento de dictarse a presente resolución, todo isto con expresa imposición de custas ó demandado.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolle saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.»

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que sirva de notificación ó demandado rebelde, Jesús Dopazo Rial, expido o presente edicto, que asino e selo en Santiago o trinta de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-4746