Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.827

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (70/1995).

Elma Ojea Muñiz, secretaria da Administración de Xustiza en funcións no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Ribeira, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, figura a recaída nos autos de divorcio con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia: na cidade de Santa Uxía de Ribeira, o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos o autos civís de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 70/1995, por instancia de Josefa Mos Rey, maior de idade, veciña desta cidade, con domicilio na rúa Tasca, 24 de Aguiño, representada pola procuradora Peleteiro Bandín e baixo a dirección técnica do avogado Fajardo Otero, contra Manuel Queiruga Romero, tamén maior de idade, non comparecido en autos e en situación procesual de rebeldía, sobre divorcio; sendo parte o Ministerio Fiscal; e pronuncio esta sentencia que baseo nos antecedentes de feito e fundamentos de dereito que seguen (...):

Vistos os preceptos legais pertinentes,

Decido que, con estimación da demanda rectora dos presentes autos, formulada pola procuradora Peleteiro Bandín, en nome e representación de Josefa Mos Rey, contra Manuel Queiruga Romero, debo declarar e declaro a disolución do matrimonio formado por un e outro cónxuxe por concorre-la causa de divorcio nº 2 do artigo 86 do Código Civil, con tódolos efectos legais e, en especial:

1) Que os fillos menores de idade, Alexander e José Manuel, quedarán na compaña e baixo a custodia

da nai, se ben a patria potestade continuará exercéndose de modo conxunto por ambos pais.

2) Recoñéceselle ó proxenitor que non convive normalmente cos fillos menores o dereito a visitalos, telos na súa compaña e comunicar con eles, no xeito que acorden ámbolos pais, procurando o maior beneficio dos menores; caso de desacordo e, como mínimo, este dereito comprenderán os seguintes extremos: ter consigo os fillos menores en fins de semana alternos, desde as 10 horas do sábado, ata as 20 horas do domingo; a metade das vacacións de verán e a metade das vacacións de Nadal, elixindo estes períodos, os anos pares o pai e os anos impares a nai, así como o dereito de visita, en termos rezoables, en caso de enfermidade dos fillos, no domicilio desdes.

3) En concepto de contribución ás cargas do matrimonio, incluídos os alimentos debidos ós fillos, Manuel Queiruga Romero aboaralle a Josefa Mos Rey a cantidade de sesenta mil pesetas mensuais (60.000 ptas.), dentro dos primeiros cinco días de cada mes, ingresándollas na conta bancaria que designe a perceptora, cantidade que se revalorizará anualmente consonte o índice xeral de prezos de consumo, publicado polo Instituto Nacional de Estadística ou organismo que o substitúa. Igualmente sufragará a metade dos gastos extraordinarios que se produzan durante a vida dos fillos menorer tales como operacións cirúrxicas, longas enfermidades e outros análogos, logo de notificación do feito que motive o gasto e o seu importe.

4) A vivenda familiar quedará en uso e desfrute dos fillos menores, na compaña da súa nai, podendo o outro cónxuxe retira-los obxectos persoais, logo de inventario.

5) Non se fai expresa condena en custas.

Pola rebeldía de Manuel Queiruga Romero, notifíquese a presente resolución no modo prevido no artigo 769 da Lei de axuizamento civil.

Así que sexa firme esta resolución, comuníqueselle ó Rexistro Civil desta cidade para anotación do resolto na inscrición de matrimonio dos cónxuxes.

Advírtase ás partes que esta sentencia non é firme e que contra ela poden interpoñer recurso de apelación, ante este xulgado, no prazo de cinco días e perante a Audiencia Provincial da Coruña».

Así o manda e asina Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Ribeira, na data ó principio sinalada.

A anterior resolución foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe na audiencia pública do mesmo día da súa data.

E, para que así conste e para que sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Manuel Queiruga Romero, expido e asino a presente en Santa Uxía de Ribeira o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-4967