Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.827

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (179/1995).

Mª Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira.

Certifico que nos autos de xuízo de faltas nº 179/1995, sobre lesións, que se segue neste xulgado, dictouse a sentencia que ten un encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia nº 88/1995: en Negreira, o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Francisco Serrano Arnal, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas arriba indicados, seguidos entre partes; da unha e en representación da acción pública, o Ministerio Fiscal, e da outra, como denunciante, Mª Regina Guardado Allo, en representación da súa filla menor, Ver_PDF e, como denunciado, Manuel Vila Suá

rez, cunhas circunstancias persoais que xa constan, por unha suposta falta de lesións.

Decido: que debo absolver e absolvo a Manuel Vila Suárez da falta denunciada, con declaración das custas de oficio. Contra esta sentencia poderá interpoñerse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no termo do quinto día seguinte a aquel en que se practicase a derradeira notificación, de conformidade co artigo 976 reformado pola Lei 10/1992, do 30 de abril, da Lei de axuízamento criminal. Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación de sentencia ó demandado Manuel Vila Suárez, expido e asino o presente en Negreira, o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Mª Luisa Montejo García

Secretaria

95-4889