Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 05 de setembro de 1995 Páx. 6.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 26 de xullo de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 211 de clasificación do monte Pena, pertencente á parroquia de Leiro, concello de Rianxo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente número 211 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte Pena.

Comunidade: parroquia de Leiro.

Concello: Rianxo.

Superficie: 194,70 ha.

Lindeiros:

É parte do monte Pena e Leoiras, nº 277 do CUP. Incorporadas ó expediente e arquivadas nel existen actas de deslindamento co seu correspondente plano que delimitan a parte de monte pertencente á comunidade de Leiro e a das comunidades de Isorna, Asados e a parroquia de Rianxo.

Norte: con monte da comunidade de Asados desde o piquete nº 19 do deslindamento entrámbalas comunidades ata un punto intermedio entre os piquetes 20 e 21. Con monte da comunidade de Isorna desde o punto anterior ata o piquete nº 21 e deste ó marco I-181 do deslindamento do monte Pena e Leoiras.

Leste: con propiedades particulares dos veciños de Leiro desde o marco I-181 ó I-319 seguindo a orde de marcos.

Sudoeste: con propiedades particulares dos veciños de Leiro desde o marco I-319 ó I-428 seguindo a orde de marcos.

Noroeste: con propiedades particulares dos veciños de Leiro e Rianxo desde o marco I-428 ata o I-454. Con monte da parroquia de Rianxo, do marco I-454 ó piquete nº 35 do deslindamento entrámbalas comunidades, seguindo en orde inversa de piquetes ata o nº 27 e deste o nº 6. Con monte da comunidade de Asados desde o piquete nº 6 ata o nº 19 do deslindamento entrámbalas comunidades, seguindo a orde de piquetes.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 26 de xullo de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten que os asisten en relación co monte, aportando, se é o

caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 26 de xullo de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Federico Sánchez Rodríguez

Instructor do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

5706