Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 05 de setembro de 1995 Páx. 6.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para contrata-la subministración de material informático de uso docente para a Escola Universitaria de Enxeñería Técnica en Informática de Xestión de Ourense. (Expediente número 025/95).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, da subministración que a continuación se indica:

Obxecto: material informático de uso docente para a Escola Universitaria de Enxeñería Técnica en Informática de Xestión de Ourense (expediente número 025/95).

Orzamento de licitación: 5.000.000 de ptas., IVE incluído (expediente 025/95).

Garantías: provisional, 2% do importe de licitación; definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de entrega: dez días hábiles, segundo o indicado no prego de cláusulas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2ª planta, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1, planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), das 9 ás 14 horas, de luns a venres, e das 9 ata as 13 horas os sábados.

Prazo de presentación: o prazo límite para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará ó vixésimo sexto dia natural ás 14 horas ou ás 13 horas en caso de coincidir en sábado.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto, 1, Vigo (Pontevedra), ás 11 horas do segundo día hábil seguinte ó da data límite de presentación de propostas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o día hábil seguinte).

Acreditación da capacidade de obrar e das condicións mínimas de solvencia económica, financeira e técnica polo licitador:

-Capacidade de obrar: acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas.

-Solvencia económica e financeira: declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Tratándose de sociedades, presentación de balances ou extractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidos.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que se van subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, o seu importe, datas e destino público ou privado, incorporando os seus correspondentes certificados.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que se van subministrar fíxase en un ano. Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá por conta da/s empresa/s adxudicataria/s.

Rubricado

5680