Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 05 de setembro de 1995 Páx. 6.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO do 18 de agosto de 1995 polo que se anuncia a aprobación do proxecto de urbanización do polígono industrial de Vilar do Colo.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 28 de xullo de 1995, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono industrial de Vilar do Colo. De acordo co disposto no artigo 117.3º do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese a información pública polo prazo de quince días desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas interresadas poidan examina-lo seu contido nas dependencias de urbanismo da Casa Consistorial e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Cabanas, 18 de agosto de 1995.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa-Presidenta

5765