Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 05 de setembro de 1995 Páx. 6.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARREAUS

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1995 relativa ó expediente de expropiación forzosa que se instrúe para a execución das obras do Parque de Reserva Empresarial de Ourense en Sarreaus e accesos ó mesmo, pola que se cita ós interesados para o levantamento das actas previas.

Aprobado o expediente de referencia pola Comisión Provincial de Urbanismo, en sesión celebrada o día 6 de xullo de 1995, de conformidade co disposto no artigo 220 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime de solo e ordenación urbana, a resolución do órgano autonómico competente implica declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Ó dito acto, que será notificado individualmente por correo certificado, deberán asisti-los titulares e propietarios afectados persoalmente ou ben, representados polas persoas debidamente autorizadas para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, o derradeiro recibo do imposto sobre bens inmobles e, en caso de representación, o poder suficiente, podendo facerse acompañar pola súa conta, si o estiman oportuno, dos seus peritos ou dun notario.

O levantamento das actas previas terá lugar na Casa Consistorial de Sarreaus, sen prexuízo de trasladarse ós predios se fose necesario, citándose para o día 22 de setembro de 1995, ás 11 horas, os seguintes titulares:

Predio Propietario

1 Antonio Pérez Pérez

2 Emilio Campos Gallego

3 Ignacio Enriquez Aguirre

4 Luis García Airas

5 Ramón Rodríguez Garrido

6 Oriente Lama Tombo

Sarreaus o 19 de agosto de 1995.

Gumersindo Lamas Alvar

Rubricado

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1995

(Decreto 335/1994, do 3 de novembro,

DOG do 10 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 300 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 600 pesetas/liña de 54 espacios.