Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 05 de setembro de 1995 Páx. 6.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 26 de xullo de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 281 de clasificación do monte Pena e Leoiras, Mourellas, Outeiro e outros, pertencente á parroquia de Asados, concello de Rianxo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente número 281 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte Pena e Leoiras, Mourellas, Outeiro e outros.

Comunidade: parroquia de Asados.

Concello: Rianxo.

Superficie: 83,82 ha.

Lindeiros:

Incorporadas ó expediente e arquivadas nel existen actas de deslindamento, co correspondente plano, entre a comunidade de Asados, a de Leiro e a parroquia de Rianxo.

Parcela I. Monte Leoiras.

Cunha superficie de 28,60 ha. É parte do monte Pena e Leoiras, nº 277 do CUP.

Norte: con propiedades particulares dos veciños de Asados, desde o marco I-638 ó I-648 do deslindamento do monte Pena e Leoiras

Nordeste: con monte do lugar de Burés desde o marco I-648 seguindo devasa ata devasa central.

Sudeste: con monte da comunidade de Isorna seguindo devasa central ata chegar ó monte da comunidade de Asados no punto máis preto ó enclavado E.

Sudoeste: con monte da comunidade de Asados, seguindo o perímetro este e norte dos enclavados E e D ata chegar ó marco I-624.

Oeste: con propiedades particulares de veciños da parroquia de Asados, desde o marco I-624 ó I-638 seguindo a orde de marcos.

Parcela II. Monte Pena.

Cunha superficie de 19,37 ha. É parte da parcela I do monte Pena e Leoiras, nº 277 do CUP.

Norte: con propiedades particulares de veciños de Asados, desde o marco I-481 ó I-518.

Leste: con monte da comunidade de Asados, desde o marco I-518 ata un punto intermedio entre os piquetes 12 e 13 pola devassa. Con monte da comunidade de Leiro desde este punto ó piquete nº 12, e dese ó nº 11 e nº 10.

Sur e oeste: con monte da comunidade de Leiro desde o piquete nº 10 ó nº 6 seguindo a orde inversa de piquetes. Con monte da parroquia de Rianxo desde o nº 6 ó nº 1 na orde inversa de piquetes, e deste ó marco I-481.

Parcela III. Monte Mourellas.

Cunha superficie de 28,51 ha. Coincide coa parcela II do monte Pena e Leoiras, nº 277 do CUP.

Norte: propiedades particulares do lugar Os Curros, desde o marco nº II-42 ó II-1.

Este: con propiedades particulares dos lugares de Saradal e Agro do Monte dos marcos nº II-1 ó II-12.

Sur: con propiedades particulares dos lugares de Marquesa e Buscalvo, marcos nº II-12 ó II-18.

Oeste: con propiedades particulares dos lugares de Río Grande e Castiñeiriñas, marcos nº II-18 ó II-42.

Parcela IV. Monte Outeiro.

Superficie 1,53 ha. Situado no lugar de Marquesa. Ten como enclavado o viñedo de Francisco Novoa.

Norte: muros que pechan os lugares Agro Novo e Revolta Nova e o agro Besada Nova.

Este e sur: muros que pechan predios particulares e o agro Fonte da Urza.

Oeste: muros de predios particulares e o agro Navaliño.

Parcela V. Montiño da Mámoa.

Superficie de 0,65 ha. Situado no lugar de Mámoa.

Norte: muros que pechan os agros Palomar e O Agro.

Este: muro dos Agros Caneiro e Sontelo.

Sur: muros dos Agros Caneiro e Pedragais.

Oeste: muro do paraxe Searas.

Parcela VI. Outeiro da Lebre.

Superficie de 3,72 ha. No lugar de Vilanustre.

Norte: terreos dos veciños de Asados.

Este: campo da feira e terreos dos veciños de Asados.

Sur: lugar de Folgueiras.

Oeste: lugar denominado Pousa do Gando.

Parcela VII. Monte Medeiros da Barraca.

Superficie de 0,27 ha. Situado no lugar de Lustres.

Noroeste: terreos dos veciños de Asados.

Sudeste: estrada de Rianxo a Burés.

Sudoeste: terreos de veciños de Asados.

Noroeste: terreos de veciños de Asados.

Parcela VIII. Monte Alargos do Cotón e Repeses.

Superficie de 1,06 ha. No lugar de Vilas.

Norte: lugares de Cotón e Repeses.

Sudeste: Agros de Cotón e Repeses.

Sudoeste: lugares de Repeses e monte Mourella.

Noroeste: muro de propiedades de veciños de Asados.

Parcela IX. Monte Huerta de Barraca.

Superficie 0,11 ha. Situado no lugar de Vilas.

Norte: propiedades de veciños de Asados.

Este: propiedades de veciños de Asados.

Sur: propiedades de veciños de Asados.

Oeste: estrada de Rianxo a Burés.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, de data 26 de xullo de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 26 de xullo de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Federico Sánchez Rodríguez

Instructor do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

5725