Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 05 de setembro de 1995 Páx. 6.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación para paso a concesión derivada do permiso de investigación denominado monte Castelo, número 5.589.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que a Dirección Xeral de Industria decidiu que o proxecto de explotación para paso a concesión derivada do permiso de investigación denominado monte Castelo, número 5.589, sita no concello de Burela, promovido pola sociedade Explotaciones Cerámicas Españolas, S.A. (ECESA), fose sometido ó Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

En cumprimento do establecido no artigo 5, apartado 2º, do referido decreto,

RESOLVO:

1.-Someter, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, a información pública, o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión derivada do permiso de investigación denominado monte Castelo, número 5.589, promovido pola sociedade ECESA, no concello de Burela.

2.-O estudio de impacto ambiental expoñerase ó público nesta delegación provincial, logo do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

3.-As alegacións formularanse, durante o dito prazo de trinta días hábiles, ante esta delegación provincial.

Lugo, 8 de agosto de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5723