Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1995 pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da concentración parcelaria de Randín (Calvos de Randín-Ourense).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Randín (Calvos de Randín-Ourense), declarada de utilidade pública e interese social, a urxente execución da zona polo decreto da Xunta de Galicia nº 38/1992, do 6 de febreiro (Diario Oficial de Galicia nº 32, do 17 de febreiro de 1992), que a xunta local da zona, na súa reunión do 18 de xullo de 1995, aprobou as bases definitivas da concentración, que estarán expostas ó público nos locais do Concello de Calvos de Randín e nos locais de costume das parroquias afectadas, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co que determina o artigo 36 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Os documentos que se poden examinar nos locais sinalados refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e exclusión e relación destas), a clasificación de terras e fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases poden os interesados interpoñe-lo recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo de trinta días, sinalados nesta Xefatura de Estructuras e Desenvolvemento Rural (r/ Curros Enríquez nº 1-6º, Ourense) ou nas oficinas centrais da consellería (edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo. Para este efecto deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación, un domicilio dentro do termo municipal de que se trate e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Ourense, 18 de xullo de 1995.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

95-5491