Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores (C-147/94 e C-196/94) (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de apremio.

3. O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 26 de xullo de 1995.

José Luis Diez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: C-147/94.

Denunciado: José Alonso Domínguez.

Último enderezo coñecido: Florida, 79, Vigo.

Feito denunciado: cazar con arma de fogo carecendo do seguro obrigatorio e recibo do couto.

Precepto infrinxido: artigo 48.1º 8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000

-Expediente: C-196/94.

Denunciado: Bruno Piñeiro González.

Último enderezo coñecido: Iglesia, 72, Dena, Sanxenxo.

Feito denunciado: cazar sen licencia.

Precepto infrinxido: artigo 48.2º 1 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: 48 da Lei 1/19790, de caza.

Sanción: 2.500

95-5493