Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de núcleos zoolóxicos (número 001NZ/94).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Orde do 28 de xullo de 1980 que desenvolve o Decreto do 24 de abril, número 1119/1975, sobre autorización e rexistro de núcleos zoolóxicos, establecementos para a práctica da equitación e centros para o fomento e coidado de animais de compaña (BOE nº 219, do 11-9-1980) en relación coa Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e mais do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transocrrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 28 de xullo de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 001NZ/94.

Denunciado: La Garrocha.

Último enderezo coñecido: Compostela, 8, 3º, 15004 A Coruña.

Feito denunciado: incumpri-la normativa vixente do rexistro de núcleos zoolóxicos.

Tipificación da infracción: núcleos zoolóxicos e Regulamento de epizootias: artigo 1 do Decreto 1119/1975, e 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 75.000.

95-5492