Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/83-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: modificado 1 ó proxecto de L.M.T., CC.TT. Ervedíns-O Igrexario.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 289 m de lonxitude, en la LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Tis e remata no C.T. Ervedíns, de 50 kVA. L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 517 m de lonxitude, en LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Barreiras e remata no C.T. O Igrexario, de 50 kVA, a 15 kV-B.2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5486