Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 193/94).

Para os efectos previstos nos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Hidroeléctrica de Laracha, co enderezo na r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa,

9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública das instalacións que seguen:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/25 kV, de 3 (1x95) mm Al, de 257 m de lonxitude, con orixe na liña As Gándaras-Laracha (expediente número 51786) e remate no C.T. que se vai instalar en edificio en Avda. Fisterra.

-Centro de transformación en edificio de vivendas, de 250 kVA e tensión de 20/0,380-0,220 kV en Avda. Fisterra. Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 30 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-05196