Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xuño de 1995 pola que se resolve a convocatoria de concesión de axudas para a realización de intercambios de profesores de niveis non universitarios dentro do marco do Programa de Intercambio de Profesores da Unión Europea.

De acordo co establecido nos artigos 6 e 7 da Orde do 23 de marzo (Boletín Oficial del Estado do 3 de abril), pola que se convocaban axudas para a realización de intercambios de profesores de niveis non universitarios, dentro do marco do Programa de Intercambio de Profesores da Unión Europea, e unha vez efectuada a selección do profesorado solicitante seguindo os criterios e baremo previstos no artigo cuarto desa orde, esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Nomear candidatas titulares para a concesión de axudas económicas para a realización do intercambio ás profesoras participantes que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.

1. De conformidade co artigo 7.2º da Orde do 23 de marzo, a Subdirección Xeral de Cooperación Internacional procederá a determina-las profesoras e profesores cos que se efectuarán os correspondentes intercambios, harmonizando, sempre que sexa posible, as opcións indicadas polas persoas interesadas coa oferta de profesorado estranxeiro que se reciba do resto dos países comunitarios. O resultado de tales actuacións seralle notificado oportunamente ó profesorado interesado.

2. A adxudicación de intercambios efectuarase tendo en conta os criterios de idoneidade entre escolas, niveis de ensino e materias impartidas, co obxecto de expor experiencias con maiores posibilidades de éxito. Procurarase, en todo momento, respecta-lo número de prazas de cada área territorial con com

petencias educativas segundo o apartado 1.4 da Orde do 23 de marzo.

3. Ó se-la reciprocidade a base fundamental do programa, non se xerará compromiso de concesión cando, a xuízo do Ministerio de Educación y Ciencia, non sexa posible establece-la contraparte adecuada, ou cando a oferta de candidaturas doutros estados membros non sexa suficiente para satisface-la demanda.

Iguais condicións rexerán cando un candidato titular rexeite o intercambio que lle sexa inicialmente adxudicado, polos motivos que fosen.

4. Os intercambios poderán levarse a cabo ó longo do curso escolar 1995/1996 e, en calquera caso, ata o 30 de xuño de 1996. As datas concretas serán elixidas polos propios participantes, de común acordo coas súas contrapartes, e sempre respectando as necesidades dos seus centros respectivos.

Terceiro.-En caso de producirse a renuncia dalgún dos candidatos, comunicaráselle á Subdirección Xeral de Cooperación Internacional no prazo de dez días a partir da data de publicación da presente orde, co fin de que esta eventualidade poida ser tida en conta para a correspondente adxudicación de intercambios.

As renuncias que se producisen durante o desenvolvemento do ano académico deberán serlle comunicadas inmediatamente á subdirección xeral mencionada.

Cuarto.-Contra esta disposición poderán os interesados interpoñe-los recursos previstos na lexislación vixente.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

-Carmen García-Rodeja Arribi. IB «Xosé Neira Vilas». Perillo-Oleiros (A Coruña).

-Lourdes Arias Rodríguez. IFP de Betanzos (A Coruña).

-Mª Luisa Sánchez Grande. IFP de Betanzos (A Coruña).

-Julia López Regueiro. IB «Salvador de Madariaga». A Coruña.

9505187