Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xuño de 1995 pola que se resolve a convocatoria de concesión de axudas para a realización de visitas de estudio para especialistas de educación, dentro do marco do Programa Arión da Unión Europea.

De acordo co establecido na Orde do 23 de marzo de 1995 (Boletín Oficial del Estado do 3 de abril), pola que se convocaban axudas para a realización de visitas de estudio para especialistas de educación, dentro do marco do Programa Arión da Unión Europea, e unha vez efectuada a selección do profesorado solicitante seguindo os criterios e baremo previstos no punto cuarto desta orde, esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Nomear candidatos titulares ós participantes relacionados no anexo I da presente orde.

Segundo.-Nomear candidatos suplentes ós participantes relacionados no anexo II da presente orde, co obxecto de prever posibles renuncias dos titulares.

Terceiro.-Os candidatos suplentes, en principio, non substituirán a ningún candidato en particular. Non obstante, procurarase en todo momento respecta-lo número de prazas concedidas a cada Comunidade Autónoma con competencias educativas plenas e que figuran no punto primeiro.3 da Orde do 23 de marzo.

Cuarto.-De acordo co establecido no punto sexto.2 da mencionada orde, a Subdirección Xeral de Cooperación Internacional remitirá as relacións dos titulares e suplentes, xunto cos seus cuestionarios de solicitude, ó Pädagogischer Austauschdienst, axencia xestora do programa a nivel comunitario, quen procederá a organiza-la composición dos grupos que tomarán parte nas diferentes visitas, segundo as prioridades indicadas polos interesados. Estes recibirán da dita axencia a correspondente notificación, unha vez realizada a súa adscrición a unha visita determinada.

Quinto.-No caso de renuncia ás citadas axudas, comunicarase esta circunstancia á subdirección xeral mencionada (Paseo del Prado, número 28-5ª planta, 28014 Madrid), nos quince días seguintes á publicación da presente orde.

As renuncias que se producisen ó longo do ano académico deberán ser comunicadas inmediatamente á Subdirección Xeral de Cooperación Internacional.

Sexto.-Contra esta disposición poderán os interesados interpoñe-los recursos previstos na lexislación vixente.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Titulares:

Emiliano Rivera Bandeira.

Emilio Cubera Pereira.

Mª Luz Ares Fandiño.

Amalia Lorenzo Lojo.

Francisco Lozano Varela.

Gonzalo Anaya García.

Alba Nélida Paz Framil.

ANEXO II

Suplentes:

José Víctor Ónega Carrera.

Carmen Ares Noya.

Mercedes Rodeiro Barros.

Gerardo Fentanes Rodríguez.

José Raposeiras Correa.

José Raúl Gómez Farto.

5691