Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.719

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/19-1).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización

administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liñas eléctricas derivadas de media tension, a 20 kV, que teñan a súa orixe na liña denominada subestación Cabana-Ermida, todas elas aéreas e sobre apoios de formigón e conductor LA-56:

-De 91 m de lonxitude, e remate en Rieiro, con centro de transformación aéreo de 50 kVA, tensións de 20/0,380-0,220 kV e rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 95 m de lonxitude.

-De 93 m de lonxitude, e remate en Cundins, con centro de transformación aéreo de 50 kVA, tensións de 20/0,380-0,220 kV e rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 50 m de lonxitude.

-De 6 m de lonxitude, en Cundins-Gándara, centro de transformación aéreo de 50 kVA, tensións de 20/0,380-0,220 kV e rede de baixa tensión de 25 m, sobre apoios de formigón e conductor R.Z.

-De 252 m de lonxitude, en Iñaño, centro de transformación aéreo de 50 kVA, tensións de 20/0,380-0,220 kV e rede de baixa tensión de 25 m de lonxitude, en conductor R.Z. Cabana.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 30 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9505588