Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.719

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 157/1995, do 3 de xuño, polo que se inclúen as zonas denominadas Umia-O Grove, A Lanzada, lagoa Bodeira e punta Carreirón, ría de Ortigueira, lagoa e areal de Valdoviño e ría do Eo no rexistro xeral de Espacios Naturais de Galicia.

Advertido un erro no texto do devandito decreto, publicado no DOG nº 106, do 5 de xuño de 1995, procédese a efectua-la súa corrección, do xeito seguinte:

Na páxina 1.442, artigo 2, apartado a), onde di:

«Oeste. Na Toxa, punta Cabreira e estrada litoral oriental ata o final da ponte da Toxa.

Segue pola rúa Teniente Domínguez do Grove ata o empalme da estrada C-550 do Grove, continuando por esta ata o cruce da estrada de San Vicente do Mar e por esta ata o sanatorio.

Desde o sanatorio, pola costa, ata punta Lanzada».

Debe dicir:

«Desde punta Lanzada, pola costa ata o sanatorio.

Segue pola estrada de San Vicente ata a intersección desta coa estrada comarcal 500.

Continuando por esta comarcal ata a intersección formada pola estrada comarcal 550 á altura do desvío a San Vicente, e un punto da mesma distante do deslindamento marítimo terrestre a 100 m. Continuando todo o tramo cara ó Grove por esta liña a 100 m do deslindamento marítimo terrestre ata unha nova intersección fixada por unha liña perpendicular ó estremo da r/ Teniente Domínguez de 25 m desde o deslindamento marítimo terrestre neste punto, continuando xa paralela á r/ Teniente Domínguez ata a interseción co camiño de acceso á enseada de Besada e, desde o devandito camiño ata a ponte da Toxa polo deslindamento marítimo terrestre.

Deste este punto a través da ponte da Toxa, estrada litoral oriental, ata punta Cabreira, na Toxa».

5675