Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 29 de agosto de 1995 Páx. 6.683

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (329/1991).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 329/1991, que ten un encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e tres, Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos perante este xulgado co número 329/1991, promovidos pola entidade Grefusa, S.L., domiciliada en Alzira (Valencia), estrada de Albalat, s/n, representada polo procurador García-Piccoli e baixo a dirección técnica do letrado Loenzo Sueiro, contra José Antonio Baamonde Iglesias, maior de idade, con domicilio en Santiago de Compostela, rúa Enfesta, número 17-baixo, declarado en situación procesual de rebeldía e a Caixa de Aforros de Galicia (Caixa Galicia), axencia número 44 en Santiago de Compostela, representada polo procurador Caamaño Frade e baixo a dirección técnica do letrado Pardo Pedernera.

Decido que considerando parcialmente a demanda interposta pola representación da entidade Grefusa, S.L., contra José Antonio Baamonde e a entidade Caixa de Aforros de Galicia debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra o demandado primeiramente mencionado ata facer pagamento á actora da cantidade de 1.345.464 pesetas, máis os xuros e gastos establecidos no artigo 58 da Lei cambiaria e do cheque, con imposición das costas causadas ó citado executado; e con consideración da oposición deducida pola representación da executada Caixa de Aforros de Galicia debo declarar e declaro que non corresponde dereito a pronunciar sentencia de remate contra o referido demandado, con imposición das custas á executante.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interporse neste xulgado e perante a Audiencia Provincial da Coruña recurso de apelación no prazo

improrrogable de cinco días contados desde a súa notificación».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, José Antonio Baamonde Iglesias, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9505283