Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 29 de agosto de 1995 Páx. 6.683

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (140/1995).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xurisdicción voluntaria nº 140/1995, promovido por José María Rey Barreiro-Meiro, sobre reanudación de tracto sucesivo interrompido do seguinte predio: casa situada na rúa de Santo Agostiño, ó final da Rúa Travesa, da cidade de Santiago de Compostela, sinalada co número oito antigo, dez moderno, composta de tres pisos altos, coa súa fachada principal ó norte, que ten unha porta e tres ventás de arrimo mirando fronte á esquerda Rúa Travesa, e esta ten a fachada algo retirada da liña das casas contiguas e forma recuncho despois dun corto tránsito, distribuída interiormente en varias habitacións e localidades altas e baixas que ofrecen un regular servicio nun estado de mediana vida, e ocupa un soar de oito metros e cincuenta e sete centímetros de longo, por cinco metros e trinta e dous centímetros de ancho medio

sen espesor de paredes, lindando pola súa dereita ó leste con casa e saído número sete antigo e nove moderno que foi de Manuel García e hoxe pertence a esta testamentaria; pola súa esquerda ó oeste, casa de Benito Hermida e pola parte traseira ó sur, a dos herdeiros de Manuel Torrado e a súa muller Teresa Cambeiro.

Polo presente edicto cítanse os herdeiros de Manuel García, Benito Hermida, os herdeiros de Manuel Torrado e Teresa Cambeiro como donos colindantes, a José Viña Rodríguez, Rita Rey Daviña, José Rey Daviña e Jesús Rey Daviña por seren as persoas ó nome de quen figura inscrito o predio; citarase tamén polo presente edicto a cantas persoas ignoradas poida afecta-lo dito expediente e perxudica-la inscrición que se solicita co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto poidan comparecer no dito expediente para alegar canto ó seu dereito conveña en orde á pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201 da Lei hipotecaria, en en cumprimento do ordenado na dita resolución, expido, selo e asino o presente edicto en San

tiago de Compostela o cinco de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

5374