Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 29 de agosto de 1995 Páx. 6.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1995 pola que se comunica a adxudicación da contratación directa de subministración de uniformes de verán e de inverno para conductores e de inverno para ordenanzas.

Por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 20 de marzo de 1995, publicada no Diario Oficial de Galicia número 74, do 18 de abril de 1995, anunciouse a contratación directa para a adquisición de uniformes de verán e de inverno para conductores e de inverno para ordenanzas.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da Mesa de Contratación constituída para o efecto, o titular desta consellería, por Resolución do 4 de xullo do presente ano, acordou adxudicarlle a citada subministración á empresa Breisa-Moda, por importe de 6.349.850 pesetas, IVE incluído.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1995.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

5259