En cumprimento do acordado, por resolución do día da data, dictada polo xuíz de primera instancia e instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o número 31/1991 promovido por María Pensado Currais, sobre declaración de falecemento de Consuelo Pensado Touris, nacida en Negreira o 20 de marzo de 1908, e de José María Pensado Touris, nacido en Negreira o 23 de novembro de 1893, emigrados ambos ás américas aproximadamente no ano 1930 e non volvendo a ter noticias súas desde 1969.
O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación cos 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal se publicará no Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o
considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.
Dado en Negreira o un de xuño de mil novecentos noventa e cinco.
O xuíz
Rubricado
O secretario
Rubricado
9504747