Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador (C-163/1994, C-164/1994) (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expe

dientes, por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 13 de xuño de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último domicilio coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

C-163/94Jesús Manuel Meiviño

Moure

Travesía Foxos-Teis. Vigo

Adestrar levando armas dispostas para cazar nun couto privado de caza sen leva-lo permiso do couto.Artigo 48.2º 30 da Lei 1/1970, de caza.48 da Lei 1/1970, de caza2.000
C-164/94Manuel Estévez Meiviño

R/ Alonso Ojea, 16-3º

Vigo

Adestrar levando armas dispostas para cazar nun couto privado de caza sen leva-lo permiso do couto.Artigo 48.2º 30 da Lei 1/1970, de caza.48 da Lei 1/1970, de caza2.000

5599