Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, da subministración de material informático para a Dirección Xeral de Montes (05149).

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto: adquisición de material informático para a Dirección Xeral de Montes (05149), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso, desagregados en dous lotes:

Lote 1º.-Once ordenadores persoais

Cinco impresoras láser de 6 pp.mm.

Unha unidade de back-up.

Lote 2º.-Seis ordenadores persoais.

Dúas impresoras láser de 4 pp.mm.

Unha impresora inxección de tinta color.

Un scáner cor.

Orzamento de licitación:

Lote 1º: cinco millóns de pesetas (5.000.00 de ptas.)

Lote 2º: dous millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (2.650.000 ptas.)

Fianza definitiva:

Lote 1º: duascentas mil pesetas (200.000 ptas.)

Lote 2º: cento seis mil pesetas (106.000 ptas.)

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 20 de setembro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 22 de setembro de 1995, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaia Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Ángel Ligero Fraile de Tejada

Director xeral de Estructuras Agrarias

95-5578