Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de asistencia técnica para os traballos de estimación e peche das contas económicas sectoriais de Galicia 1992.

Por resolución do director do Instituto Galego de Estatística do 5 de maio de 1995, foi convocado concurso público para a realización da asistencia técnica, para o Instituto Galego de Estatística, consistente na estimación e peche das contas económicas sectoriais de Galicia 1992.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e, por proposta da Mesa de Contratación constituída para ó efecto, o director deste organismo resolveu adxudicar o traballo á empresa Investigacións e Asistencias Técnicas Quasar, S.A., por importe de 19.700.000 ptas., o que fai público para os efectos do artigo 94.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1995.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

9505653