Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T.
Situación: Margarida. Cabana.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 2016 m de lonxitude, en LA-56, que parte da L.M.T. Ermida Anos e remata no C.T. Margarida, a reformar, tipo caseta de 160 kVA.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 29 de xuño de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
4669