Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.592

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector da pintura.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de pintura, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-6-1995, subscrito en representación da parte económica por APECCO, e, a parte social polas centrais sindicais, Unión Xeral de Traballadores, Comisións Obreiras e Confederación Intersindical Galega, o día 5-6-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1980, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa publicación no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que figura nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de xuño de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo de pintura para a provincia da Coruña. Ano 1995.

Sección 1ª

Extensión e vixencia.

Artigo 1º.-Extensión.

O presente convenio é de aplicación a tódalas empresas de pintura, suxeitas á ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica, do 28 de agosto de 1970.

Aplicarase a tódolos centros de traballo da provincia da Coruña, calquera que sexa o domicilio social das empresas a que pertenza.

Afecta o presente convenio a tódolos traballadores ó servicio das empresas anteriormente expresadas.

Artigo 2º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa publicación, se ben os seus efectos económicos empezarán a rexer a partir do 1 de xaneiro de 1995 e a súa vixencia será desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1995.

Sección 2ª

Prórroga

Artigo 3º.-O convenio colectivo quedará prorrogado tacitamente ó seu vencemento, por sucesivos períodos de unha anualidade a non ser que se denuncie para a súa revisión ou rescisión con un mínimo de un mes antes do seu vencemento ou dalgunha das súas prórrogas. A denuncia deberase efectuar mediante comunicación escrita á outra parte, contándose o prazo dela desde a data de recepción da dita comunicación. En caso de prórroga por falta de denuncia os conceptos económicos incrementaranse nunha contía igual ó IPC habido no ano inmediato anterior.

Artigo 4º.-Respecto de dereito.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio, respecto ás materias obxecto da súa regulación.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

Sen prexuízo de que poidan estenderse a calquera situación persoal as melloras establecidas no convenio e aínda amplialas, as empresas que veñan aboando salarios superiores ós regulamentariamente esixidos non estarán obrigadas a aplica-las elevacións que polas presentes estipulacións se fixan, máis que na medida necesaria para suplir diferencias.

Así mesmo, as melloras establecidas no convenio serán compensables ou absorbibles por calquera ele

vación salarial que por disposición legal puidese establecerse.

Artigo 6º.-Garantía persoal e condición mínima.

Serán respectadas as condicións superiores pactadas con anterioridade a este convenio, ou que se pacten durante a súa vixencia, con persoas ou grupo de persoas, polas empresas afectadas polo mesmo, sempre que no seu conxunto ou cómputo anual superen as establecidas por este convenio, debido á condición que ten de normas mínimas de relación, tanto no que se refire ó social coma no económico.

Artigo 7º.-Normas complementarias.

No que non estea previsto neste convenio haberá que se ater ó que dispón a ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica, e demais disposicións vixentes.

Sección 3ª

Comisión mixta de interpretación.

Artigo 8º.-Constitúese unha comisión mixta de interpretación do presente convenio, presidida pola persoa que a mesma comisión designe na primeira reunión que se celebre.

Quedará constituída por tres representantes dos traballadores e tres das empresas, que serán designados polas centrais sindicais e a Asociación Provincial de Empresarios de entre os titulares e suplentes que fosen nomeados para formar parte da comisión deliberadora.

Os acordos desta comisión requirirán a conformidade da metade máis un do número de compoñentes.

Ás reunións da comisión mixta poderán asistir, con voz, os asesores das respectivas representacións.

A comisión mixta entenderá nas cuestións que se deriven da aplicación do convenio e as obrigacións conforme á paz laboral.

Capítulo II

Condicións económicas

Artigo 9º.-Incremento salarial para 1995

O incremento salarial para 1995 aquí pactado é dun 4%, calculándose este sobre as táboas salariais vixentes o 31 de decembro de 1994, excepto antigüidade. Resultando:

Administrativos:

Xefe de 1ª e peritos131.517 ptas./mes.

Oficial de 1ª102.246 ptas./mes

Oficial de 2ª93.827 ptas/mes

Auxiliar84.248 ptas./mes

Auxiliar axudantes65.148 ptas./mes

Operarios:

Oficial de 1ª (salario)2.502 ptas./día

Oficial de 2ª (salario)2.453 ptas./día

Axudante2.411 ptas./día

Peón (salario)2.324 ptas./día

As empresas que pagasen as cantidades de conformidade coas táboas indicadas quedarán exentas do seu aboamento.

Cláusula de garantía salarial para 1995

No suposto de que o IPC establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1995 un incremento superior ó 4% respecto ó mesmo día de 1994, revisaranse as táboas salariais, actualizando as aquí pactadas na porcentaxe en que supere o mencionado índice e calculando sobre as táboas vixentes o 31 de decembro de 1994, excepto antigüidade.

En caso de funcionar esta cláusula de revisión salarial, as empresas deberán facerlles efectivas ós seus traballadores as diferencias con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 10º.-Prima de asistencia e puntualidade.

Establécese unha prima de asistencia e puntualidade, por día efectivo de traballo para o período do 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995 de 599 pesetas para os axudantes e peóns e de 760 pesetas para os oficiais de 1ª e 2ª.

Este plus de asistencia e puntualidade perderase nas circunstancias e contías seguintes:

a) A primeira falta sen xustificación será penalizada con perda de tres días de prima, ademais do salario correspondente ó día da falta.

b) A segunda falta será penalizada coa perda de dez día de prima, ademais do salario correspondente ó día da falta.

c) Por cada nova falta será penalizada coa perda da prima correspondente a tódolos días traballados no mes, ademais do salario ou salarios da nova ou novas faltas.

d) As faltas computaranse sempre de cada mes natural.

Artigo 11º.-Antigüidade.

A antigüidade na empresa será retribuída a razón de dous bienios e tres quinquenios, por día natural, segundo a seguinte táboa:

Oficiais de 1ª e 2ª: bienio, 28 pesetas.

Oficiais de 1ª e 2ª: quinquenio, 56 pesetas.

Axudantes e peóns: bienio, 27 pesetas.

Axudantes e peóns: quinquenio, 54 pesetas.

Artigo 12º.-Plus de altura.

Todo persoal que realice traballos en andamios voantes percibirá unha gratificación de 230 pesetas, por día ou fracción para o período do 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995. En andamios de tubos percibirase esta gratificación a partir dos sete metros de altura.

Artigo 13º.-Axudas de custo e desprazamentos.

O persoal que realice traballos fóra da súa localidade ou residencia e teña necesidade de pernoctar no lugar

de traballo percibirá unha axuda de custo de 1.832 pesetas diarias, ademais de 167 pesetas mensuais para lavado de roupa, para o período do 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995.

O persoal que se atope traballando fóra da súa localidade ou residencia e non teña necesidade de pernoctar no lugar de traballo, percibirá unha media axuda de custo de 612 pesetas diarias para o período do 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995.

O persoal que se atope traballando fóra do termo municipal a menor distancia de 10 km percibirá unha saída de 305 pesetas diarias para o período do 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995.

Artigo 14º.-Xornada laboral.

A xornada semanal será de 40 horas distribuídas de luns a venres, ambos incluídos, e a nómina aboarase mensualmente. Para efectos do cómputo anual de horas, será confeccionado un cadro horario pola comisión paritaria. Total de horas anuais: 1.792.

Consideraranse festivos os días 14 de agosto e 7 de decembro, soamente para o presente ano de 1995.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A todo persoal afectado por este convenio seralle facilitado polas súas respectivas empresas unha funda de traballo de primeira calidade, cada ano. En caso de traballo que así o requira, entregarase outra máis.

Artigo 16º.-Licencias con soldo.

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito a permisos, percibindo o importe do salario diario, antigüidade e plus de asistencia nos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador: quince días naturais retribuídos.

b) Falecemento. En caso de falecemento de esposa, pais, pais políticos, fillos e irmáns, será sempre de cinco días, para tódolos traballadores.

c) Parto de esposa: será sempre de cinco días.

Artigo 17º.-Complemento plus de transporte.

Estipúlase a seguinte retribución económica en concepto de plus de transporte para tódalas categorías de 708 pesetas por día efectivo de traballo para o período do 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995.

Artigo 18º.-Vacacións.

Serán de trinta días naturais, percibindo durante elas o salario diario, antigüidade e plus de asistencia correspondente ós días que, de estar traballando, percibise o traballador.

Artigo 19º.-Pagas de Nadal e verán.

Serán de trinta días cada unha, aboaranse do salario diario do convenio e antigüidade. A paga de verán cobrarase no mes de xullo e a de Nadal antes do 24 de decembro.

Artigo 20º.-Paga de beneficios.

Consistirá no 6% do salario diario do convenio, máis antigüidade e as dúas pagas extraordinarias.

Artigo 21º.-Rendementos.

Establécese a seguinte táboa de rendementos mínimos:

Tempero liso primeira man180 m.

Tempero liso segunda man200 m.

Pintura ó óleo 1ª man80 m.

Pintura ó óleo 2ª man60 m.

Pintura ó óleo acabado90 m.

Esmalte en paredes acabado rolo80 m.

Pintura plástica en paredes, 1ª man160 m.

Pintura plástica en paredes, 2ª man180 m.

Aparellado e tapado130 m.

Tempero picado a rolo110 m.

Tempero picado a cepillo60 m.

Plástico picado a rolo100 m.

Portas imprimidas25 unidades.

Portas emplastecidas e lixadas18 unidades.

Portas pintadas 1ª man18 unidades.

Portas esmaltadas15 unidades.

Ventás en guillotina imprimidas (sen marco)60 unidades.

Ventás pintadas 1ª man (interior)18 unidades.

Ventás pintadas 2ª man22 unidades.

Pintado oco interior guillotina (vernizado)30 unidades.

Pintado oco interior guillotina (vernizado) 2ª man35 unidades.

Portas vernizadas 1ª man32 unidades.

Lixado e plastecido cravos40 unidades.

Portas 2ª man verniz32 unidades.

Portas 3ª man verniz30 unidades.

Estes rendementos enténdense en cada xornada de oito horas.

Disposicións adicionais

Artigo 22º.

Primeira.-As retribucións e táboas de rendemento incluídas neste convenio forma parte inseparable del e terán forza de obrigar en cada actividade.

Segunda.-O salario mínimo interprofesional non modificará o contido do presente convenio, nin a contía das retribucións salariais pactadas nel, sempre e cando se lles garantan ós traballadores uns ingresos superiores en cómputo anual ós mínimos fixados por disposicións legais.

Terceira.-As empresas virán obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo, no prazo de dous

meses, unha vez homologado o presente convenio, unha póliza de seguros para á cobertura dos riscos de falecemento e invalidez permanente, nos termos que seguidamente se dirán, dos seus traballadores por accidente de traballo, incluídos os accidentes in itinere, que garanta ó traballador accidentado ou ós seus habentes causa no caso de falecemento ou invalidez permanente producido por causa fortuita espontánea exterior e independente da vontade do traballador, á percepción da indemnización seguinte:

Dous millóns cincocentas mil pesetas (2.500.000 ptas.) en caso de falecemento do traballador por accidente de traballo.

Catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.) en caso de invalidez permanente absoluta ou gran invalidez.

Esta compensación é compatible coa pensión e indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou Montepío.

Non obstante o exposto anteriormente, a indemnización que sexa percibida con cargo ó contrato de seguro de accidentes que voluntariamente se contén neste convenio, considerarase como entrega a conta da indemnización que, se é o caso, puideran declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, compensándose ata onde aquela alcance.

Cuarta.-Modalidades de contratación. Os traballadores que formalicen contratos temporais ou de duración determinada ou os que teñen por obxecto a realización dunha obra ou traballos determinados e que nos seus contratos oficiais non se consideren indemnizacións, terán dereito unha vez finalizado o contrato correspondente a percibir unha indemnización por cesamento do 4,5% calculado sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

Quinta.-Xubilación especial ós 64 anos. De conformidade co Real decreto 14/1981, dictado en desenvolvemento do ANE e para o caso de que os traballadores con 64 anos feitos desexen acollerse á xubilación co 100 por 100 dos dereitos, as empresas afectadas por este convenio obríganse a substituír cada traballador xubilado ó amparo do citado real decreto, por outro traballador perceptor do seguro desempregado ou mozo demandante do primeiro emprego, mediante un contrato de igual natureza ó extinguido.

Será necesario previamente á iniciación de calquera trámite o acordo entre a empresa e o traballador para poder acollerse ó antes estipulado.

Artigo 23º.-Cláusula de revisión.

Esta cláusula queda especificada no artigo 9º por formar parte das condicións económicas.

Comisión paritaria

Artigo 24º.-Constitúese unha comisión paritaria para a interpretación, arbitraxe, conciliación e vixencia do convenio.

Comporase de seis vocais, tres deles representantes dos traballadores e tres dos empresarios, e pertencentes á comisión deliberadora do convenio.

Para a adopción de acordos será necesaria a conformidade de catro vocais, polo menos, en igualdade paritaria.

A comisión paritaria quedará constituída do seguinte xeito:

-Representación empresarial: Roberto Díaz Cotelo, Juan Afonso Moraes Rey e Ángel Brey Castro.

-Representación dos traballadores: José Paz Pena, de CC.OO., Ezequiel Cancela Martínez, de CIG, e Ramón Calvo Romero, de UGT.

Salarios: cómputo anual.

Período do 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995.

Persoal administrativo:

Xefe 1ª e peritos2.110.304 ptas./ano.

Oficial de 1ª1.675.923 ptas./ano.

Oficial de 2ª1.550.985 ptas./ano.

Auxiliar1.408.832 ptas./ano.

Auxiliar axudante1.125.388 ptas./ano.

Persoal obreiro:

Oficial de 1ª1.471.943 ptas./ano.

Oficial de 2ª1.449.869 ptas./ano.

Axudante1.391.503 ptas./ano.

Peóns1.352.309 ptas./ano.

9505565