Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.596

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xullo de 1995 pola que se resolve o concurso público de méritos para a provisión de prazas de dirección de centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios.

Pola Orde do 29 de marzo de 1995 (DOG do 11 de maio) convocouse concurso de méritos para a provisión de prazas de dirección de centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios. Unha vez cumpridos os trámites establecidos e unha vez resoltas as reclamacións interpostas á resolución provisional da convocatoria, de acordo coa proposta efectuada pola comisión de valoración prevista

no apartado 9 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Artigo 1º

Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas mencionadas, os profesores e as profesoras que se relacionan no anexo I desta orde.

Artigo 2º

Esta comisión de servicios será polo período que figuraba na orde de convocatoria e que tamén se recolle no anexo I desta orde.

Artigo 3º

A presente disposición remata a vía administrativa, segundo o establecido no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 4º

A entrada en vigor desta orde será o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Nome e apelidosCEFOCOPPeríodo

Xosé Ramos RodríguezFerrol3 anos

José Lage RodríguezOurense3 anos

Margarita Pérez FroizVigo3 anos

95-5566