Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.596

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xullo de 1995 pola que se resolve o concurso público de méritos para a provisión de prazas de asesores técnico-pedagóxicos nos centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios.

Pola Orde do 27 de marzo de 1995 (DOG do 11 de maio) convocouse concurso de méritos para a provisión de prazas de asesores técnico-pedagóxicos nos centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios. Unha vez cumpridos os trámites establecidos e unha vez resoltas as reclamacións interpostas á resolución provisional da convocatoria, de acordo coa proposta efectuada pola comisión de valoración prevista no apartado 9 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas mencionadas, os profesores e as profesoras que se relacionan no anexo I desta orde.

Artigo 2º.-Esta comisión de servicios será polo período que figuraba na orde de convocatoria e que tamén se recolle no anexo I desta orde.

Artigo 3º.-Declarar vacantes as prazas que se relacionan no anexo II.

Artigo 4º.-A presente disposición remata a vía administrativa, segundo o establecido no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 5º.-A entrada en vigor desta orde será o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-5498